jueves, 11 de julio de 2013

García Díez e Jaime De Olano: “A LOMCE busca mellorar a calidade do sistema educativo e reducir sensiblemente as taxas de abandono escolar”

  • España necesitaba dunha reforma educativa xa que as cinco leis de educación, aprobadas por gobernos socialistas, foron un auténtico fracaso.
  • Ámbolos dous deputados afirman que o Goberno de Mariano Rajoy levou a cabo un exercicio de responsabilidade, dando resposta ás debilidades do sistema educativo, e fíxoo, tras meses de negociación con tódolos axentes que interveñen neste proceso polo que é unha norma froito das aportacións de todos, non unha mera imposición do PP.
  • Os populares lembran a taxa de abandono escolar de entorno ao 25% que ten España e que dobla ao do resto de países da Unión Europea (13%); que as taxas de paro xuvenil afectan a máis da mitade dos mozos españois con idades comprendidas entre os 15 e 24 anos, cando na UE son do 23%; o feito de que só o 65% do total da poboación comprendida entre os 25 e 35 anos remata os estudos de secundaria e a altísima porcentaxe da poboación que nin estuda nin traballa, casi un 24%

Os deputados nacionais, Joaquín García Díez e Jaime de Olano, deron conta, esta mañá, dos aspectos clave da nova Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) e desmentiron as falsas informacións que se están a decir sobre esta normativa. 

Nunha rolda de prensa en Viveiro, García Díez e Jaime de Olano, manifestaron que España precisaba dunha reforma urxente en materia de educación, posto que as cinco leis educativas socialistas, que entraron en vigor no noso país foron un auténtico fracaso. 

“Entre os dramáticos logros de estas leis, atópanse o abandono educativo a idades temperás, en torno a un 25% fronte ao 13% da Unión Europea; as taxas de paro xuvenil que afectan a máis da mitade dos mozos españois con idades comprendidas entre os 15 e 24 anos, cando na UE son do 23%; o feito de que só o 65% do total da poboación comprendida entre os 25 e 35 anos remata os estudos de secundaria e a altísima porcentaxe da poboación que nin estuda nin traballa, casi un 24%”- manifestou García Díez quen afirmou que á vista de estos datos, fíxose imperiosa a reforma educativa para correxir o que está demostrado, que non só funciona mal, senón que tamén nos levou a situacións insostibles que deixan sen opcións de futuro aos nosos mozos de hoxe. 

Jaime de Olano, afirmou que ante esta situación, o goberno de España non podía quedar de brazos cruzados e desenvolveu o procedemento axeitado, “un exercicio de responsabilidade, dando resposta a estas debilidades do noso sistema educativo, e faino tras meses de negociación con tódolos axentes que interveñen neste proceso (mestres, alumnos, pais…)”- manifestou de Olano, quen recalcou que esta norma é froito das aportacións de todos, non unha imposición do PP. 


PRINCIPIOS LOMCE

Ámbolos dous deputados afirmaron que a LOMCE pretende diminuír as taxas de abandono educativo a idades temperás e o fracaso escolar; mellorar as condicións para que os mozos teñan mellor e máis axeitada formación que lles permita acceder a un emprego ao rematar os estudios; diminuir o número de alumnos que repetin curso; contribuir a que non haxa diferencias entre Comunidades Autónomas; mellorar o nivel de coñecemetno en áreas prioritarias sinalizando os obxectivos de cada etapa; modernizar a formación profesional e incorporar e potenciar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

Insistiron García Díez e de Olano que é totalmente falso que se pretenda destruir a escola pública, xa que os obxetivos van encamiñados a mellorar a calidade en tódalas escolas, sexan públicas, privadas ou concertadas; aseguraron tamén que tampouco é verdade que se destruirá emprego entre os docentes, senón o contrario, xa que a implantación da Lei requerirá máis mestres e aseveraron que esta nova normativa non pretende segregar aos alumnos en función da súa capacidade intelectual, senón que o que supón unha auténtica exclusión ou drama é a taxa de abandono educativo prematura.


MEDIDAS PARA LOGRAR OS OBXECTIVOS

García Díez e de Olano aseguraron que a LOMCE pretende flexibilizar as traxectorias educativas, ofrecendo un conxunto flexible de traxectorias en función das necesidades e preferencias das familias e os alumnos pero non as impón, senón que se trata dunha elección voluntaria; recalcaron que a nova normativa da lugar a unha atención personalizada e insistiron na cultura da responsablidade e do esforzo para os alumnos, centros e para o equipo directivo e docente. 

Finalmente os deputados populares lucenses lembraron que esta mesma semana e dentro da tramitación do Proxecto de Lei no Congreso dos Deputados, estanse producindo 22 comparecencias informativas como consecuencia da vontade do goberno e do Grupo Parlamentario Popular de acadar os máximos consensos no texto final, invitando a tódolos demáis grupos parlamentarios a desenvolver aportacións. 

0 comentarios:

Publicar un comentario