jueves, 22 de marzo de 2018

“La mejor manera de garantizar nuestras infraestructuras es dando luz verde a los PGE-2018”

  • Para o deputado lucense acusar ao PP de retrasos e de falla de compromisos “es cuanto menos chocante, ya que el Partido Socialista gobernó durante 8 años consecutivos España y, de ese paso por el gobierno, la provincia de Lugo quedo marginada”
  • Puxo en valor que, cando o Partido Popular chegou ao goberno en 2011, ademais de ter que aprobar dous Presupostos nun mesmo ano, “por la incompetencia del anterior Ejecutivo”, tivo que facer fronte á grave situación herdada
  • Con todo, García Díez é consciente de que a pesar do realizado, aínda queda moito por facer e, por elo, instou ao Grupo do PSOE a que apoiasen a emenda, consistente en aparcar os estudos e as planificacións, así como a priorizar nos Orzamentos de 2018 as cantidades e os investimentos necesarios para acortar os prazos ao máximo no remate das autovías en obras, e dar un impulso definitivo á modernización da conexión ferroviaria entre Lugo e a Meseta
  • Lembrou que están previstos investimentos importantes se se aproban as contas deste ano; algo que nestes días tamén apuntaron o Ministro de Fomento e o presidente da Xunta de Galicia. Asemade, destacou que se están eliminando todos os pasos a nivel e contémplase unha renovación total da liña entre Lugo e Ourense, con novas variantes, electrificación total e modernización do material, garantindo que Alta Velocidade non deixe a Lugo fóra do mapa
O deputado por Lugo no Congreso, Joaquín García Díez, reprochou ao PSOE, durante a sesión da Comisión de Fomento, celebrada esta mañá, a iniciativa presentada, e na que demandaban unha planificación para as infraestruturas na provincia, pois, indicou, “es una muestra más de la demagogia y la falta de compromiso con los lucenses”.

Para García Díez acusar ao PP de retrasos e de falla de compromisos “es cuanto menos chocante ya que el Partido Socialista gobernó durante 8 años consecutivos España y de ese paso por el gobierno la provincia de Lugo quedo marginada”.

A este respecto, aclarou que, cando o Partido Popular chegou ao goberno en 2011, ademais de ter que aprobar dous Presupostos nun mesmo ano, “por la incompetencia del anterior Ejecutivo”, tivo que facer fronte á grave situación herdada. García Díez, durante a súa intervención, citou, como exemplos desta realidade, o acontecido coa Autovía A-54 entre Lugo e Santiago, “donde la herencia fue 4 tramos en obras, reprogramadas y con muy bajo grado de ejecución y sin adjudicar la redacción de los proyectos entre Arzua-Melide-Palas de Rei”. A esta situación, destacou, “el gobierno de Rajoy destinó en su primer año de gobierno 23 millones para darle un fuerte impulso, recibiendo en los siguientes años importantes cantidades en los PGE para, a día de hoy, estar completamente terminado el 50% de su recorrido y en obras los tramos restantes”.

Igualmente, o deputado lucense lembroulles aos socialistas e ao resto de Grupos da Comisión que, no caso da Autovía do Cantábrico (A-8), o PSOE comprometérase a rematala en 2012 e, coa chegada do PP ao goberno, a finais de 2011, aínda quedaban tres importantes treitos dentro da provincia sen concluír, así como cifras millonarias pendentes de liquidar de obras e expropiacions (38,8 millóns pendientes de pagar só en expropiacións).

“Fue el PP quien presupuestó 60 millones para poder liquidar lo realizado y comprometerse a concluir en 2013 las obras. Y lo cumplió”, remarcou García Díez, ao tempo que explicou que nas contas de 2013, o Partido Popular destinou 130 millóns a estradas, a cifra maior de Galicia que recibiu 244 millóns en total, “lo que evidencia la sensibilidad y compromiso del Gobierno con Lugo”, sinalou.

En materia de ferrocarril, Joaquín García Díaz reprochou aos socialistas “que tengan el valor de erigirse en los defensores del tren cuando lo más relevante que hicieron fue firmar protocolos y encargar maquetas. Ha sido el PP quien en estos últimos años incrementó el número de trenes y servicios diarios entre Lugo- Monforte- Ourense y Madrid”, destacou.

Importantes previsións

Con todo, García Díez é consciente de que a pesar do realizado, aínda queda moito por facer e, por elo, instou ao Grupo do PSOE a que apoiasen a emenda, consistente en aparcar os estudos e as planificacións, así como a priorizar nos Orzamentos de 2018 as cantidades e os investimentos necesarios para acortar os prazos ao máximo no remate das autovías en obras e dar un impulso definitivo á modernización da conexión ferroviaria entre Lugo e a Meseta.

Para elo, lembrou que están previstos investimentos importantes se se aproban as contas deste ano; algo que nestes días tamén apuntaron o Ministro de Fomento e o presidente da Xunta de Galicia. Asemade, destacou que se están eliminando todos os pasos a nivel e tamén se contempla unha renovación total da liña entre Lugo e Ourense, con novas variantes, electrificación total e modernización do material, garantindo que Alta Velocidade non deixe a Lugo fóra do mapa. 

Por todo elo, García Díez lamenta que “desde la oposición se siga practicando la demagogia y el engaño pero no contribuyan a conseguir mejoras reales, que sólo se garantizan en este momento con la aprobación de unos Presupuestos en los que los lucenses tienen garantizados los impulsos necesarios para completar las infraestructuras demandadas desde hace tiempo”.

0 comentarios:

Publicar un comentario