viernes, 10 de mayo de 2019

García Díez comparte a preocupación dos armadores galegos con intereses directos en Mauritania ante a falta de solucións ao conflito do transporte das capturas de peixe fresco

O deputado popular electo Joaquín García Díez, que exerceu como portavoz de pesca do Grupo Popular no Congreso nas últimas lexislaturas, comprometeuse cos representantes de varias asociacións e armadores galegos a plantexar formalmente, nada máis dea comezo a XIII Lexislatura no Congreso do Deputados, iniciativas para instar ao Goberno de España a solicitar que se inclúan algún tipo de cláusulas excepcionais para casos de emerxencia no novo protocolo de Acordo Pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania. 

Así o manifestou tras manter contactos con representantes de armadores e asociacións dos portos de Marín, Ribeira e Muxía que contan con once barcos que faenan en augas de Mauritania na captura de pescada e palometa, principalmente, e que se vén afectados polo conflito do transporte das capturas de peixe fresco entre o país mauritano e Marrocos.

“Debido aos cortes de tráfico que realizan os transportistas locais na única vía de transporte entre estes países en sinal de rexeitamento polo forte incremento de taxas aos que se ven sometidos, prodúcense retencións de máis de 10 quilómetros de lonxitude e, polo tanto, importantes retrasos na entrega de mercancía de peixe en fresco”. Estes cortes de tráfico que se realizan nunha media de tres días á semana de forma ininterrompida “xeran un grave prexuízo económico aos transportistas; xa que ao permanecer parados varios días a súa mercancía acaba inutilizándose para a súa venda en fresco e, no mellor dos casos, só se pode destinar a fariña de pescado coas correspondentes perdas de valor económico desas capturas”, matiza o popular.

Joaquín García Díez cre que “é un bo momento para buscar unha solución; xa que está aberto o trámite de renovación do Acordo Pesqueiro entre Mauritania e a UE”.

Xestións do Goberno galego
García Díez lembra que “desde o Goberno galego xa teñen solicitado en reiteradas ocasións á Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a procura de solucións e a realización de xestións ante as autoridades comunitarias, sen que ata a data puideran obterse resultados positivos neste grave conflito”. 

O popular explica que “a Xunta de Galicia trasladou ao Goberno español a necesidade de solicitar á DG MARE que inste ás autoridades mauritanas a abrir unha vía de urxencia, autorizando a saída das súas augas para realizar a descarga dos buques no porto marroquí máis próximo á fronteira entre ambos países, o porto de Dakhla”.

jueves, 28 de marzo de 2019

Reunión con la Federación Nacional de Cofradías de Pescadores



Hoy en Madrid en la Sede del PP se ha celebrado una reunión con los representantes de la Federación Nacional de Cofradías de Pescadores (FNCP) encabezada por su presidente, D. Basilio Otero y con Isabel García Tejerina, Vicesecretaria de Sectorial, y Joaquín Mª García Díez, portavoz de pesca y candidato por Lugo al Congreso.

En la reunión se han repasado los principales asuntos considerados prioritarios para el sector pesquero artesanal o de bajura.

Entre los temas abordados han estado los relacionados con las titulaciones y la problemática a la que se enfrentan muchos armadores para completar sus tripulaciones.

La utilización de los fondos provenientes del Fondo Europeo Marítimo y de la Pesca y sus complicaciones en la aplicación; la definición de pesca artesanal y su defensa y puesta en valor; la necesidad de incrementar la colaboración entre el mundo científico y el sector pesquero o la promoción de nuestros productos frescos fueron otros de los asuntos abordados en el transcurso de esta reunión.

Los representantes de la FNCP manifestaron su agradecimiento a los miembros del PP por el trabajo realizado y por su compromiso para defender estos asuntos, abordados también en los reiterados encuentros que han venido manteniendo durante estos años.

Por su parte, Isabel García Tejerina y Joaquín García agradecieron las aportaciones de la FNCP y asumieron el compromiso de continuar trabajando en colaboración con el sector pesquero español.

viernes, 1 de febrero de 2019

Os populares lucenses lamentan que “os socialistas se apropien do incremento das pensións despois de votar en contra cando o aprobou o Goberno do PP”

  • Os orzamentos do Goberno de Sánchez perden o cualificativo de sociais tras aprobarse unha subida de impostos –un incremento do 57% nas cotizacións sociais- que prexudica aos traballadores autónomos do mar
  • Os representantes do PP lucense no Congreso e no Senado poñen de manifesto “a falta de compromiso do Goberno de Sánchez para concretar e estimar os prazos das obras nas autovías da provincia”

Os populares lucenses lamentan que “os socialistas votaran en contra da subida das pensións que aprobou o Goberno do Partido Popular, de acordo cos axentes sociais, e que agora pretendan anotarse o tanto da man da subdelegada do Goberno de Sánchez na nosa provincia”.

Nese senso, lembran que “se os pensionistas da nosa provincia ven xa incrementadas as súas pensións é porque o Goberno do PP conseguiu aprobar estas subidas e dar maior estabilidade ao sistema das pensións a pesar do voto en contra dos socialistas”.

Así mesmo, dende o Partido Popular engaden que “o que non conta a subdelegada do Goberno é que a pasada semana os socialistas sacaron adiante no Congreso, co apoio de Podemos, unha suba histórica de impostos: o aumento nun 57% nas bases de cotización á Seguridade Social que afecta a determinados colectivos de traballadores autónomos. Isto implica o aumento da cotización que deberán pagar, entre outros, traballadores do mar –coma mariscadores, percebeiros ou mariñeiros embarcados en pequenas embarcacións-. Así, os socialistas poñen en risco moitos empregos na nosa provincia”.

Tendo en conta este incremento, os populares cren que “perde todo o sentido o cualificativo de sociais que os propios socialistas outorgan aos Presupostos elaborados polo Goberno de Sánchez”. Nesa liña, engaden que “mentres que o Goberno socialista di defender as rendas medias e baixas, á vez que sube os impostos ao diésel ou ao aforro, entre outros”.

Sen avanzar nas inversións xa presupostas no 2018

“Resulta incualificable presumir de ter conseguido as mellores infraestruturas para as estradas e o ferrocarril na provincia de Lugo cando en oito meses non foron capaces de avanzar nas inversións xa presupostadas no 2018”, indican os populares de Lugo.

Así o demostran as respostas ou ausencia delas que, con retraso, o propio Goberno ofreceu aos representantes do PP lucense no Congreso e no Senado. Concretamente, sobre o grao de execución da partida orzamentaria do 2018 para a autovía da Mariña, os prazos e as previsións de actuacións os deputados no Congreso preguntaran en outubro e aínda recibiron resposta o pasado 24 de xaneiro indicando que “para os tramos Burela-Foz e Foz-Barreiros o proxecto está en fase de redacción; mentres que o correspondente ao tramo San Cibrao-Burela está pendente aínda da licitación dun contrato de servizos para redactar o proxecto”. Igualmente, os senadores populares tamén se tiñan interesado por coñecer as actuacións sobre as infraestruturas da provincia e “o Goberno socialista non nos respondeu en prazo ou o fixo de forma xenérica”. Polo tanto, cren que “isto pon de manifesto as poucas perspectivas de ver algún tramo en obra durante o 2019”; así coma “a falta de compromiso do Goberno para concretar e estimar os prazos destas obras”.

Os populares explican que “podemos dicir o mesmo da concesión da ponte sobre o río Miño; xa que o proxecto segue en redacción e sen concretar prazos”. E na autovía A-56 entre Ourense e Lugo vemos “moita redacción de proxectos, pero solo en execución o que o anterior Goberno popular tiña impulsado”. Finalmente, os deputados populares lucenses lamentan que “non podemos valorar o traballo ao respecto do ferrocarril porque seguen sen contestar ás nosas preguntas”.

miércoles, 16 de enero de 2019

O deputado lucense e portavoz de Pesca do Grupo Popular reúnese en Burela cos representantes dos armadores e a Organización de Produtores Pesqueiros


  • O deputado popular lucense no Congreso amosou a súa “preocupación ante a falta de persoas que poidan completar as tripulacións e avanzou que “continuarei as xestións ante o Goberno para acelerar a búsqueda de solucións ante o que probablemente sexa hoxe por hoxe o reto máis importante ao que se enfronta o sector pesqueiro español” 
O deputado popular lucense no Congreso e portavoz de Pesca do Grupo Popular, Joaquín García Díez, reuniuse no Porto de Burela co xerente da Cooperativa de Armadores de Burela (ABSA), Miguel Neira, e xerente da Organización de Produtores Pesqueiros de Burela OPP 07, Sergio López. O encontro enmárcase nas xuntanzas que realiza o deputado periodicamente para coñecer as preocupacións e demandas do sector; así como para informalos das iniciativas do Grupo Parlamentario Popular no Congreso.

“A falta de titulados para completar as tripulacións dos barcos pesqueiros, a aplicación da normativa de Descartes, os regulamentos comunitarios pendentes de aprobación ou os TAC e Cotas, especialmente da caballa”, tal e como explica García Díez, foron os temas abordados na xuntanza.

O deputado popular compartiu a súa “preocupación ante a falta de persoas que poidan completar as tripulacións e avanzou que “continuarei as xestións ante o Goberno para acelerar a búsqueda de solucións ante o que probablemente sexa hoxe por hoxe o reto máis importante ao que se enfronta o sector pesqueiro español”.

Os populares lucenses lamentan que “o Estado sexa a administración supramunicipal que menos inviste na provincia por habitante”



  • Candia: “Galicia é das comunidades autónomas máis castigadas e a que paga o prezo máis elevado polos pactos do presidente do Goberno”
  • O deputado popular lucense no Congreso, Jaime de Olano, asegurou que “as contas do Executivo socialista recollen a subida dos impostos, máis déficit, máis débeda, menos crecemento e menos emprego” para engadir que “o suposto xiro social do Goberno consiste en levar a cabo medidas sociais que xa aprobara o PP no seu Presuposto para o 2018 coma a suba das pensións, do salario dos funcionarios, das partidas dedicadas á violencia de xénero, entre outras”
  • "Os investimentos dirixidos ás estradas da provincia reducíronse con respecto ás anualidades previstas para o 2019 nos Presupostos vixentes elaborados polo PP abocándoa á paralización da A-54, da A-74 onde se diminúe o presuposto nun 98% e da A-56 que só verá finalizados os 10 km impulsados polo Goberno popular”, dixo o deputado Joaquín García Díez

A presidenta do PP provincial de Lugo, Elena Candia, asegura tras coñecer os Presupostos Xerais para o 2019 presentados polo Goberno socialista de Pedro Sánchez que “o Estado se queda na terceira posición entre as administracións supramunicipais en investimentos na nosa provincia. Dos arredor de 70 millóns que quedarían circunscritos á nosa provincia, o reparto por lucense non chega aos 213 euros.

Moi por diante se atopa a Xunta de Galicia con 1.341 millóns de euros que supón un investimento de 4.022 euros por cada habitante e, incluso, por detrás da Deputación Provincial”. Candia, así mesmo, apuntou que “Galicia é das comunidades autónomas máis castigadas e a que paga o prezo máis elevado polos pactos do presidente do Goberno”.

Pola súa banda, o portavoz adxunto do Grupo Popular no Senado, Xosé Manuel Barreiro, recorda que “Lugo non lle debe nada ao señor Sánchez. Se había algunha dúbida xa queda disipada con este proxecto orzamentario que nos veñen de presentar e que supón un ataque directo e claro ao conxunto dos españois e dunha forma moi especial aos lucenses”.

Barreiro sinala “a perda dun 35% dos investimentos en infraestruturas de comunicación para o ano 2019 con respecto ao contemplado no ano 2018. É dicir, perdemos moito máis aínda que a media do que perde Galicia”. Concretamente, na “A-54 perdemos 8 millóns de euros para o desenvolvemento da autovía que nos comunica con Santiago e para a que incluso o presidente da Xunta demandaba un maior ritmo inversor para completar estas actuacións antes do previsto. Pero, isto vai ser imposible. Para a A-56 pérdense 10 millóns de euros e para a A-74, a Autovía da Mariña, perdemos case 1,8 millóns de euros. Igualmente, o intercambiador de Guntín entre a autovía de Santiago e a de Ourense cae dos 2,5 millóns aos 0”. Por outra banda, en Outeiro de Rei estaban previstas unhas actuacións para facer máis urbana a N-VI, pero “verán reducido o seu presuposto dos 350.000 aos 100.000 euros”.

O popular apunta, neste sentido, que “o trato aos lucenses por parte do Goberno de Pedro Sánchez é, polo tanto, vexatorio”. Así, o senador cre que “os representantes socialistas en Madrid, por dignidade, teñen dúas saídas: votar en contra destes presupostos ou marchar para a casa”. Xosé Manuel Barreiro asegura que “Pedro Sánchez está disposto a sacrificalo todo excepto o seu sillón na Moncloa”.

Orzamentos socialistas e populistas, non sociais O deputado popular lucense e portavoz adxunto do Grupo Popular no Congreso, Jaime de Olano, asegurou que “os Presupostos presentados polo Goberno de Pedro Sánchez non son sociais, son socialistas e populistas”. O deputado popular sinalou que as contas do Executivo socialista en Madrid recollen a subida dos impostos, máis déficit, máis débeda, menos crecemento e menos emprego”.

Olano asegurou que “o suposto xiro social do Goberno consiste en levar a cabo medidas sociais que xa aprobara o PP no seu Presuposto para o 2018 coma a suba das pensións, do salario dos funcionarios, das partidas dedicadas á violencia de xénero, entre outras”. Neste senso, recorda que “o Goberno popular aprobara o incremento do gasto social rebaixando os impostos ás rendas inferiores a 18.000euros, mentres que agora o Goberno socialista sube todos os impostos –IRPF, imposto de sociedades, patrimonio, cotizacións sociais- o que suporá preto de 300 euros máis ao ano por cada contribuínte”.

Isto, “a pesar de ser totalmente innecesaria porque estábamos en cifras históricas de recadación debido ás políticas económicas do PP”, asegura o popular. Olano indicou que “é mentira que as subidas de impostos as pagarán só os ricos porque coa recadación dos dous impostos dirixidos ás rendas máis altas, coma a suba do IRPF para rendas por enriba dos 130.000 euros ou de 300.000 euros máis a suba de imposto sobre patrimonio, é inferior ao que pretenden recadar polo imposto ao diésel que empregamos as clases medias, traballadores e autónomos nos nosos vehículos”.

“A pesar dos anuncios do cambio de modelo produtivo por parte do Goberno socialista, os Presupostos Xerais do Estado descobren a falacia desa mensaxe porque ese cambio consiste en máis cemento, máis asfalto, moitos máis impostos ás empresas e menos industria á que lle conxelan o presuposto. Despois lamentaranse da perda de investimentos, perda de competitividade e a baixada nas exportacións e das deslocalizacións ou os ERES nalgunhas industrias”, apuntou Olano.

“Estes Presupostos Xerais do Estado non son os que necesita España, senón os que necesita Pedro Sánchez para pagar as facturas aos socios da moción de censura”. Así, censura o popular que “mentres en Cataluña a inversión medra un 66%, noutras comunidades coma Galicia baixa un 19,9%”. Polo tanto, para o deputado no Congreso “estes Presupostos non son os da igualdade, senón que acrecentan a desigualdade territorial”.


Paralizacións na construción das autovías

O deputado Joaquín García Díez, pola súa banda, asegurou que “os Presupostos Xerais do Estado do 2019 para a provincia de Lugo son a confirmación das mentiras e enganos que os socialistas verteron nos últimos meses. Analizando as partidas dos principais Ministerios inversores a decepción é enorme”, continúa o popular; xa que “aínda por riba fai poucos días que estivo en Lugo o delegado do Goberno vendendo unha aposta por esta provincia cando as cifras reflicten o seu desprezo a Lugo”, considera García Díez.

“Os investimentos dirixidos ás estradas da provincia reducíronse considerablemente con respecto ás anualidades previstas para o 2019 nos Presupostos vixentes elaborados polo Goberno do Partido Popular”, asegura o deputado. Así, “para a Autovía A-54 entre Lugo e Santiago, lonxe de impulsala e acelerar as obras, atopámonos coa redución de contías. A previsión nos orzamentos do 2018 para o tramo entre Palas e Melide era a de investir uns 10 millóns de euros este ano; pero consignan 3,2 millóns, é dicir, un 68% menos, condenando a este tramo á súa práctica paralización durante o ano 2019”. Igualmente, o intercomunicador da A-54 coa N-540 en Guntín tamén ve reducida a súa previsión de 5 millóns a 100.000 euros.

“A Autovía A-56 entre Lugo e Ourense resulta agraciada coas mesmas cantidades que xa figuraban en presupostos anteriores. Polo tanto, finalizaranse unicamente os 10 quilómetros que xa impulsou o goberno Popular entre San Martiño e A Barrela”, recordou García Díez. O deputado popular lamenta tamén “a chamativa redución do coste total presupostado para os diferentes tramos da Autovía A-74, a Autovía da Mariña, que tiña presupostado tres tramos con importantes cifras, San Cibrao-Burela, Foz-Burela e Barreiros-Foz pasa de algo máis de 258 millóns a 5.559.000 euros. É dicir, o Goberno reduce o seu presuposto nun 98%”. Do mesmo xeito, “as cantidades dedicadas a Conservación e Explotación de estradas ou seguridade viaria repítense ou modifícanse á baixa con respecto ás previstas para a anualidade do 2019 nos presupostos do ano pasado”, continuou Joaquín García Díez.

Retraso na renovación e variantes na liña Monforte-Lugo ata o 2023

“As contas do Estado do 2018, actualmente en vigor prorrogados, amosaban o compromiso do goberno Popular de dar solución ás carencias en materia de comunicación ferroviaria da provincia coa meseta tal e como presentara en maio do 2018 recibindo as críticas do PSOE.

Tras esas declaracións cabía esperar que esas críticas se transformaran nun maior esforzo inversor por parte do Goberno de Sánchez, pero as contas dos socialistas constatan unha gran burla aos lucenses”, considera García Díez.

O popular sinalou que “as dúas partidas orzamentarias máis importantes sofren recortes e retrasos”. Así, “a renovación e variantes na liña Monforte-Lugo que nos orzamentos do PP ten un coste total de 889 millóns de euros, no presuposto socialista redúcese a 310 millóns, un 65% menos ao que hai que engadir o retraso que propoñen para a súa finalización pasando do 2022 ao 2023”, critica García Díez. “E para a partida de electrificación da liña Monforte-Lugo a redución do coste das obras pasa de 113 millóns a 83 millóns, un 27% menos”, sinalan tamén dende o PP lucense.

viernes, 11 de enero de 2019

Os populares de Lugo aseguran que “non lle debemos nada ao Goberno do señor Sánchez”




  • Barreiro considera que “o delegado do Goberno faltounos ao respecto a tódolos lucenses” porque “as actuacións necesarias e imprescindibles para que se dera esta conexión xa as expuxera en maio o ex ministro popular Íñigo de la Serna”
  • Concretamente, o deputado popular lucense no Congreso, Joaquín García Díez, lamentou que o representante do Goberno en Galicia non explicase en que situación concreta se atopan os proxectos das variantes que vai levar a liña entre Lugo, Monforte e Ourense, a supresión dos pasos a nivel e a electrificación do tramo entre Lugo e Monforte”
  • En relación á construción da nova Comisaría de Policía no barrio da Residencia, o portavoz adxunto do Grupo Popular do Senado, Xosé Manuel Barreiro, asegura que “a Xunta e o seu presidente explicitaron o seu compromiso ao comezar a demolición do antigo Xeral para facilitar a entrega deses terreos ao Goberno sen edificacións”


Os populares de Lugo consideran que “o delegado do Goberno socialista faltounos ao respecto a tódolos lucenses”. É máis, “o delegado do Goberno adoptou, na súa visita a Lugo, unha actitude parasitaria” porque, en realidade, “todo o que se fixo en relación á alta velocidade na provincia foi grazas aos orzamentos consignados polo Goberno popular e non polo do señor Sánchez nin dos socialistas que incluso votaron en contra desas partidas”. Polo tanto, “non lle debemos nada ao Goberno do señor Sánchez”, segundo aclarou o portavoz adxunto do Grupo Popular no Senado, Xosé Manuel Barreiro.

O portavoz adxunto no Senado engade que “veu a enganarnos. Un claro exemplo diso é que en relación á alta velocidade non dixo o importante: que xa explicara en maio o anterior ministro, o popular Íñigo de la Serna, as actuacións necesarias e imprescindibles para a conexión a través de Monforte-Ourense de Lugo coa alta velocidade”, apuntou Barreiro. 

O popular cre que “o delegado do Goberno tivo onte unha boa ocasión para explicar se se fixo algo; pero só falou das obras do AVE a Galicia sen falar nada de Lugo”. Así, ante a falta de explicacións concretas sobre a execución das partidas orzamentarias, consignadas polo Goberno popular co voto en contra do PSOE, temos que entender que o Goberno de Sánchez non fixo nada ao respecto nestes 7 meses”, indicou Barreiro.

Pola súa banda, o deputado no Congreso, Joaquín García Díez, lamentou tamén que o representante do Goberno en Galicia non aproveitase a súa visita a Lugo “para explicar en que situación se atopan os proxectos das variantes que vai levar a liña entre Lugo, Monforte e Ourense, a supresión dos pasos a nivel e a electrificación do tramo entre Lugo e Monforte que en maio o Goberno popular aclaraba que estarían listos para expoñerse a información pública no verán antes da súa licitación aportando documentos serios que recollían prazos e consignacións orzamentarias”. Daquela, recordou o popular, “os dirixentes socialistas na provincia, o señor Santos e a alcaldesa de Lugo, puxeron en dúbida as palabras do ministro popular. Pero, agora, o delegado do Goberno en Galicia repetiu estas mesmas palabras”. Nese caso, pregúntase “se a alcaldesa segue poñendo en dúbida eses proxectos”.



Iniciativas no Congreso e no Senado

Sobre estas actuacións en materia ferroviaria na provincia “non se fixo mención ningunha nas respostas ás preguntas que dende o PP formulamos ao Goberno dende o Congreso e o Senado nin onte en Lugo na subdelegación do Goberno”. Así, “temos que estes proxectos non se fixeran e non estea a exposición pública e, polo tanto, estean sufrindo un retraso considerable que fan imposible cumprir os prazos anunciados”, apuntaron os populares.

O portavoz adxunto do Grupo Popular no Senado engadiu que os populares presentaron tamén unha moción no Senado para instar ao Goberno a que explique o avance das obras do ferrocarril coas que se conectaría Lugo a través da alta velocidade no ano 2021.


Comisaría de Policía

Barreiro insistiu en que o ministro Zoido xa amosara o seu compromiso coa construción da nova Comisaría de Policía no barrio da Residencia. E dende o Grupo Popular no Senado xa teñen preguntado ao Goberno se mantiñan ese mesmo compromiso e mesmo presentaran unha moción instando a levar a cabo as xestións necesarias ante a Tesorería General de la Seguridad Social para que, unha vez finalizadas as obras de demolición do antigo hospital Xeral que realiza a Xunta, poida cederse a parcela ao Ministerio do Interior e iniciar a construción da nova Comisaría.

Sobre este asunto, o popular asegurou que “a vontade real da Xunta coa Comisaría de Policía en Lugo demóstrase coas obras de demolición do Xeral que están xa en marcha”. É máis, “a Xunta é a única administración que está levando adiante obras e trámites nese espazo incluso con cargo aos orzamentos da administración autonómica. É dicir, a Xunta e o seu presidente explicitaron o seu compromiso facilitando a entrega dos terreos do antigo hospital Xeral ao Goberno libres de edificacións”, puntualizou Barreiro.


Estradas 

O deputado Joaquín García Díez desminte, por outra banda, “que o Goberno do señor Sánchez e do ministro Ábalos investiran 30 millóns de euros en conservación de estradas. Isto é rotundamente falso”, expón. “Mesturan conservación con execución de obra nova e partidas de renovación de firme con partidas de construción da autovía A-56 entre A Barrela e San Martiño e da A-54 entre Palas e Melide. Gastaron 5,5 millóns que implementara o Goberno popular poucas semanas antes de sufrir a moción de censura e agora anuncian para os vindeiros días novas actuacións que chegan moi tarde e demostran a falta de execución presupostaria e a falta de vontade política por atender as deficiencias das nosas estradas”, aclara. Así, “o que teñen que facer é executar as partidas que tiñan xa consignadas a pesar do seu voto en contra”, reitera o popular.

Dende o PP de Lugo consideran que “as verdadeiras intencións do Goberno socialista veranse o luns cando o señor Sánchez presente no Congreso dos Deputados os orzamentos do Estado para o 2019”. Os populares avanzan que vixiarán “as partidas destinadas á nosa provincia”.