jueves, 27 de octubre de 2011

“Só hai un resumo posible: os socialistas foron nefastos para os intereses do sector pesqueiro lucense”

  • Os candidatos ó Congreso Joquín García Díez e Jaime de Olano consideran que os erros do goberno de Zapatero hipotecan o futuro da actividade pesqueira.
  • Lamentaron que o ministro José Blanco dera as costas á comarca Mariña por non iniciar a construcción do Corredor e rematar a Autovía do Cantábrico.
  • Os populares convidaron a nacionalistas e socialistas a sumar “esforzos e forza” para que a apertura do dique norte de Alcoa e a creación da autoridade portuaria de Lugo sexa unha realidade o antes posible

“A política desenvolvida polo goberno socialista en materia pesqueira foi nefasta para os intereses do sector pesqueiro na nosa provincia”. Así de contundente se amosou hoxe o cabeza de lista popular ó Congreso, Joaquín García Díez, quen compareceu hoxe en Viveiro acompañado do número dous Jaime de Olano e dos deputados autonómicos José Manuel Balseiro e Emma Alvarez, á hora de valorar os “desméritos” que caracterizaron a actuación do executivo encabezado por Rodríguez Zapatero.

Os socialistas, segundo explicaron, fixérono mal no ámbito estatal e tamén no que atinxe ás negociacións levadas a cabo no contexto da Unión Europea.

De portas adentro, especificaron, a súa actuación, como noutros ámbitos, defínese polos incumprimetos e pola improvisación. Así, favoreceuse a competencia desleal que productos foráneos lles fan ós nosos; incrementou a burocracia á hora de tramitar axudas, o que conlevou, por exemplo, que a nosa acuicultura perdera forza e cota de mercado en toda Europa; e mesmo deixou a súa sorte os nosos barcos durante a crise do gasoleo.
E valia coma exemplo de improvisación a presentación, a piques de rematar a lexislatura, do proxecto de lei de pesca sostible que, dadas as circunstancias e quen non contaba co apoio do sector, tivo que quedar aparcada nun caixón. “Todo o contrario do que pasou en Galicia coa proposta presentada pola Xunta”, segundo apuntillaron.
E “como guinda” da falta de apoio e compromiso con este sector, os populares fixeron constar que dende 2004 foi constante a merma nos orzamentos que o Estado adicaba á pesca. De 2004 a 2011 rebaixáronse un 53 por cento”.
Na Unión Europea, segundo os representantes populares, España, “primeira potencia pequeira”, foi ninguneada. Confirmano os feitos: nin unha soa das propostas feitas polo sector e que o goberno socialistas fixo súas foi incluida no borrador do regulamentos da reforma da Política Pesqueira Común.

Esta circunstancia deixa claro a perda de peso e influencia no conxunto da Unión que deixa en herencia o goberno socialista nun ámbito, como é a pesca, no que somos referentes mundiais. O goberno de Zapatero non só non foi capaz de defender os intereses dos nosos pescadores senón que nin sequera foi capaz de aportar iniciativas propias a este respecto. As iniciativas presentadas polo PP no Congreso e as decisións adoptadas pola Xunta foron, de feito, a base sobre a que se sustentaban as súas propostas.

Á vista destes resultados, dende o PP retaron ós responsables socialistas, “a ese goberno do que forma parte José Blanco, a explicar as razóns que os levaron a acudir ós Consellos Europeos nos que se deciden cuestións tan trascendentes como os TACs e as  cotas de pesca para cada ano, con conselleiros de comunidades autónomas como Extremadura na vez de galegos, “que como todo o mundo sabe ten un extenso mar e unha potente flota pesqueira”, ironizaron.

Esa pode ser unha das razóns que expliquen, por exemplo, que España vira reducida este ano nun 15 por cento a súa cota pequeira global ou que a pesca de especies como a Xarda ou o Lirio estén na situación que están.

Os populares tamén tacharon de “desleal” a actitude do goberno central para con Galicia e botaron man de dous ejemplos: as trabas postas ó proceso de regulación das embarcacións e o feito de que non se opuxera ó novo  sistema de detección de biotoxinas en moluscos imposto por Bruselas pese a quedar acreditar que é máis caro, máis lento e menos fiable.
INFRAESTRUCTURAS
As dúas lexislaturas do Goberno socialista pasaron igualmente inadvertidas na comarca da Mariña no tocante ós grandes proxectos de infraestructuras dependentes da administración estatal.

Esta invisibilidade ten a súa expresión máis evidente en dous proxectos “clave” para o desenvolvemento de Lugo en xeral e desta comarca en particular: o corredor entre Barreiros e San Cibrao e a falta de finalización da autovía do Cantábrico.

En sete anos o Goberno socialista, e nomeadamente o ministro Blanco, foi incapaz de facer un só metro do Corredor da Costa. Situación que contrasta co tramo de competencia autonómica que xa está en plena execución. “Por non ter”, recalcaron, “non ten nin trazado”, xa que Fomento non resolveu as alegacións presentadas por concellos e particulares ó estudo construtivo e, polo tanto, non existe aínda un trazado oficial definitivo.

Con esta situación, segundo alertaron dende o PP, a Mariña lucense corre o risco de partirse en dous. Un espazo (San Ciprián-Ferrol) estará conectado por unha rede de comunicación moderna, e o tramo, entre San Ciprián e Barreiros, moito máis curto no seu percorrido, o PSOE directamente decidiu renunciar.

Neste caso, segundo recalcaron os candidatos populares,  non vale a excusa dos recortes orzamentarios. O treito do corredor entre San Ciprián e Barreiros -de competencia estatal- non se construiu nin en tempos de crise nin en tempos de maior bonanza. Recalcan, de feito, que as “reducidísimas” consignacións que cada ano se incluían nos orzamentos do Estado para esta estrada (10.000 euros) “non chegaron nunca a executarse”. “Non é entón un problema de cartos senón de compromiso político”.

Os recortes de Fomento tamén perxudicaron de xeito significativo á Mariña ó retrasar dous anos “como mínimo” a entrada en servizo da autovía do Catábrico. As obras suspendéronse durante os últimos meses do ano pasado (incluso leváronse a maquinaria como consecuencia dos impagos nos que incorreu Fomento coas empresas que executan as obras). Hoxe o tramo entre Mondoñedo-Lourenzá segue en obras e non dispón de reflexo orzamentario suficiente para poder executar as actuacións previstas para superar a complexidade técnica dos traballos pendentes.

A A-8, insistiron os populares, é o principal eixo vertebrador de Galicia, Asturias, Cantabria e Pais Vasco, así como de conexión de todas estas comunidades con Europa. Forma parte ademais do itinerario entre a A-6 e a costa da Mariña lucense por Vilalba e Mondoñedo, cuxa vía de comunicación na actualidade é a N-634, de San Sebastian a Santiago de Compostela. “A súa importancia está, por tanto, fora de toda dúbida”, salientaron.

NIN AVE NIN “MINI AVE”

A Mariña tamén queda fora do mapa do AVE “por obra e gracia do ministro Blanco”. No Plan Extratéxico de Infraestructuras e Transporte (PEIT) 2005-2020 incluíase a construcción do denominado AVE do Cantábrico pero en 2010 José Blanco optou por eliminar ese proxecto e, como alternativa, propuxo conectar Galicia con Asturias a través de trens FEVE, que alcanzarían unha velocidade máxima de 160 km/h, o que el mesmo bautizou como “mini AVE”. “Outra mostra inequívoca da preocupación amosada por José Blanco pola provincia de Lugo”, ironizaron os populares.
PORTO COMERCIAL

Os candidatos e deputados populares tamén incidiron na “trascendencia” que ten para a comarca e para a provincia a apertura ó tráfico comercial do dique norte de Alcoa.  Unha postura que o PP sempre tivo clara e que defendeu en todas as institucións, nos concellos, na Deputación, no Parlamento galegos e nas Cortes Xerais. Foi, de feito, o goberno de Aznar o que posibilitou a creación da provincia marítima lucense e foi tamén un goberno do PP na Xunta o que financiou o proxecto que acredita a viabilidade técnica, económica e xurídica da apertura deste dique.

“O Sr Blanco, como máximo responsable de Fomento, perdeu unha oportunidade de ouro para converter en realidade esta vella aspiración, pero optou por facer oidos xordos a esta reivindicación e dar as costas, tamén neste asunto, ós lucenses”, indicaron. 

Tamén a actitude adoptada polo BNG neste asunto foi obxecto de críticas por parte dos populares e tacharon de “oportunista” e “terxiversadora” a seu “interese repentino” por modificar a composición do actual consello de administración da autoridade portuaria Ferrol-San Cibrao. “Eles saben ben que este reparto está determinado por unha lei estatal na que a Xunta non é competente”, apuntillaron, ó tempo que convidaron a nacionalistas e socialistas a sumar “esforzos e forza” para que a apertura do dique norte de Alcoa e a creación da autoridade portuaria de Lugo sexa unha realidade o antes posible.

lunes, 24 de octubre de 2011

O PP di que “a falta de feitos” confirma que os anos de goberno socialista foron “nesfastos” para a provincia de Lugo

  • Os cabezas de lista ó Congreso e ó Senado polo Partido Popular aseguraron que ninguén mellor que os propios lucenses pode valorar a acción do goberno central porque “lamentablemente estamos peor que en 2004”
  • Na súa opinión non serve escudarse na mala situación económica actual porque a provincia de Lugo tamén nos anos de maior bonanza foi discriminada

“Os feitos son o maior aval ou refrendo co que un político ou, por extensión, un goberno pode presentarse ante a cidadanía para rendir contas da súa xestión ó remate dunha lexislatura. Os feitos son a proba irrefutable do cumprimento da palabra dada. No caso do Goberno socialista desafortunadamente hai poucos feitos dos que falar e os que hai só serven para censurar a súa actuación”. Deste xeito valoraron hoxe os cabezas de lista ó Congreso e ó Senado por Lugo, Joaquín García Díez e José Manuel Barreiro respectivamente, a actuación do goberno de Rodríguez Zapatero.

Durante a súa comparecencia, na que estiveron acompañados polos deputados autonómicos Jaime Castiñeira e Lourdes Yáñez, os candidatos populares salientaron que “ninguén mellor que os propios lucenses pode valorar a acción de goberno dos socialistas e a conclusión é lamentablemente moi clara: estamos peor que en 2004”.

Segundo explicaron, deixando á marxe os “malos” indicadores económicos que son “prácticamente similares” en todas as provincias de España (desemprego, falta de credibilidade, inseguridade no futuro e rebaixa do nivel adquisitivo e, como consecuencia, contracción no consumo, ós que hai que “darlle solución urxente”), a etapa socialista deixa prácticamente sen rematar todas as infraestructuras relevantes para o desenvolvemento e vertebración da provincia de Lugo.

INFRAESTRUCTURAS PENDENTES

Para os representantes populares esta circunstancia “grave de por si”, ten o “agravante engadido” de que o responsable da súa execución, o  ministro de Fomento José Blanco, é o cabeza de lista dos socialistas por Lugo. “Blanco só apela os seus orixes en época electoral. Neses períodos, xa sexa como número dous do partido ou como titular de ministerio, non escatima promesas nin ostentanción do poder que lle otorga o seu cargo, pero os feitos non confirman nin unha cousa nin a outra”, explicaron. “E non serve escudarse na mala situación económica actual porque nos anos de maior bonanza, porque cando os socialistas se fixeron cargo do Goberno central atoparon un Estado saneado, a discriminación da que foi obxecto a provincia de Lugo foi idéntica”, apuntillaron.

Así, segundo dixeron, Lugo segue a ser a única provincia galega na que a chegada do AVE non ten data pero, “increíblemente, contamos con proxecto para construir a futura estación á que aínda non sabemos se chegará algún tren”.

Neste intre, segundo indicaron, na liña Ourense-Lugo únicamente está en obras un subtramo, a variante de Pobra de San Xiao, de 7,5 km de lonxitude,  adxudicada en decembro de 2006, que tiña un prazo de execución de 40 meses, pero para o que aínda non hai data prevista para o seu remate; e no que atinxe o AVE A Coruña-Lugo, os socialistas directamente abandoaron o proxecto.

No que atinxe ás autovías, a A-54 Lugo-Santiago segue sen chegar; a A-56 Lugo-Ourense está anulada; a A-76 Ponferrada-Monforte continúa en estudo informativo; a A-72 Chantada-Monforte desapareceu do mapa e A-8 a autovía do Cantábrico está sen rematar. “Temos, eso sí, aínda que con tres anos de retraso”, matizaron os populares, “unha nova ponte en Lugo, moi bonita, pero sen accesos á cidade, un fermoso edificio para o CETAL, que serviu para colocar a algúns amigos pero non para crear os miles de postos de traballo prometidos, e o aeródromo de Rozas que está como estaba”.

GANDEIROS E PESCADORES, ABANDONADOS

Os principais sectores productivos da provincia de Lugo non correron, en opinión dos populares, mellor sorte que as infraestructuras.

A falla de sensibilidade e interese por resolver e incluso “pelexar” os  principais e máis urxentes problemas que ten o sector agrogandeiro e pesqueiro púxose de manifestó dende o principio co recorte orzamentario do que foron obxecto e reafirmouse despois coa creación dun único ministerio baixo o que pretendeu esconderse as graves dificultades polas que pasa a actividade agrícola, gandeira e pesqueira. “En resumo, non se fixo nada dende dentro para facilitar a subsistencia das explotacións e no ámbito da Unión Europea deixouse a súa sorte a gandeiros e pescadores, que inexorable sairon perxudicados”.

Os populares, segundo recalcaron, agardan que “muden as circuntancias” e  confían en que, cando Mariano Rajoy chegue á Moncloa, a creación dun ministerio adicado a estes sectores o faga posible.

Os representantes populares recalcaron que “o cambio político en España faise necesario, dadas as circunstancias” e que é o momento “de censurar a aqueles que, ademáis de non cumprir, minten sobre a razón dese incumprimento, que non é outra que a consecuencia lóxico de realizar unha pésima xestión e negar a realidade”.

sábado, 22 de octubre de 2011

O PP non adquirirá ningún compromiso que non dispoña de consignación orzamentaria

  • Así o aseguraron os populares hoxe durante a reunión comarcal preparatoria da vindeira campaña electoral celebra en Chantada

O presidente do PPdeLugo e candidato ó Senado José Manuel Barreiro defendeu hoxe en Chantada o control do gasto público como “ferramenta para garantir a sustentabilidade do estado de benestar” e o control “por lei” de que o que os compromisos que adquiran os responsables gubernamentais “estén avalados polos orzamentos”.

Segundo Barreiro “non é admisible nunca e menos nunha situación de profunda crise económica como a actual” que os “máximos responsables desta situación” neguen a necesidade de impoñer un control sobre o gasto nas administración e menos aínda que “se atrevan a seguir prometendo cando os feitos demostran que é moi doado prometer sobre todo cando se sabe de antemán que non se vai cumprir”. “É ós feitos me remito”, recalcou durante a xuntanza celebrada hoxe en Chantada dentro do calendario de reunións comarcais preparatorias da próxima cita electoral á que asistirón alcaldes e concelleiros das comarcas de Chantada e A Ulloa, así como os intengrantes das candidatura coas que o PP concurre ó Congreso e ó Senado como Joaquín García Díez, Jaime de Olano, Armando Castosa ou Julia Rodríguez.

Neste contexto o presidente provincial respaldou a proposta de Mariano Rajoy de que, se o PP asume o goberno do Estado, non se aprobará ningunha nova lei sen que antes se cuantifique o custo da súa aplicación e éste non conte coa perceptiva consignación orzamentaria.
 
Os populares tamén consideraron “moi acertada” que a Xunta de Galicia fora unha das primeiras comunidades que apostou por premiar ós concellos que “xestionan ben e teñen as súas contas ó día e en orde”.

“Hai que buscar a excelencia na xestión pública e é preciso que as administracións colaboren para optimizar os recursos e neste contexto hai que axudar, como administración máis próxima ós cidadáns, ós concellos, máxime nestes intres nos que están a pasar por moitas dificultades pero eles tamén teñen que esforzarse por cumprir coas normas establecidas”, explicou Barreiro.
A este respecto o dirigente popular tamén considerou “acertado” que Mariano Rajoy se amosase disposto a estudar o establecemento de prazos máis amplos para que comunidades autónomas e concellos poidan devolver os anticipos recibidos do Estado “por culpa das malas previsións efectuadas polos socialistas”. “Con esta proposta Rajoy amosou a súa sensibilidade con este problema e a súa disposición a colaborar co resto de administracións, sobre todo con aquelas, como é o caso dos concellos, que peor o están a pasar polos graves problemas de liquidez cos que se atopan”, apuntillou.

viernes, 21 de octubre de 2011

Barreiro: “é unha irresponsabilidade colosal por parte dos socialistas negar a súa responsabilidade polo caos económico no que se atopa o país”

José Manuel Barreiro alertou do que considera unha “colosal irresponsabilidade” por parte dos socialistas de “acusar a outros do que eles son especialistas despois de arruinar o país e efectuar os maiores recortes sociais da democracia”.

“É como pretender reconvertir ó raposo en galiña ou ó verdugo en víctima”, asegurou o presidente do PPdeLugo durante a xuntanza mantida hoxe en Monforte con alcaldes e concelleiros da Zona Sur nunha nova reunión comarcal preparatoria da vindeira campaña electoral. Unha xuntanza na que asumiron un protagonismo especial os integrantes das listas coas que os populares lucenses concurren ás eleccións xerais do vindeiro mes de novembro, tras ser presentados oficialmente onte en Lugo durante un acto ó que asistiu o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo.  Así, participaron, entre outros os aspirantes, Joaquín García,  Olga Iglesias e Julia Rodríguez.

Para o líder dos populares lucenses e tamén candidato ó Senado o prioritario é acadar a estabilidade económica e facer as reformas precisas para activar o mercado laboral. Por aí, segundo recalcou, principiarán os deberes nos que terá que empregarse a fondo o goberno resultante da cita coas urnas do vindeiro 20-N. “Restablecer a credibilidade e impoñer o rigor no gasto é o obxectivo”, reiterou.

Cinco millóns de parados, “un de cada dous mozos deste país non teñen traballo”, puntualizou; o despilfarro, “lembremos, coma exemplo, os 13.500 millóns adicados ó Plan E”; a débeda, “o déficit público marca récord”, suba de impostos, “os efectos do IVE e o IRPF son perfectamente comprobables”; e recortes sociais “sen precedentes, coa reducción do salario ós funcionarios, a conxelación das pensións e o aumento da idade de xubilación coma puntas do iceberg” é, segundo explicou José Manuel Barreiro, “a herdanza envenenada que deixa o goberno do que Rubacaba formou parte”.

O resumo é que a política desenvolvida polos socialistas contribuiu a agravar “aínda máis” a crise: “impediu recuperar o crecemento económico; aumentou o gasto público; recortou o gasto social e subiu os impostos”, asegurou Barreiro.

“Con este panorama, pretender culpar ó Partido Popular dos axustes ós que obriga a mala xestión do PSOE é rizar o rizo, ademais dun despropósito e una devergoña sen precedentes”, engadiu o presidente do PPdeLugo, quen exhortou ós representantes do seu partido a explicar ós veciños a situación con “pelos e sinais e sobre todo con datos e feitos”.

“PREOCUPACIÓN” DE BLANCO POLA EDUCACIÓN

Os populares tamén ironizaron sobre a “suposta aposta e preocupación” dos socialistas pola educación aludindo ás declaracións efectuadas onte polo cabeza de lista dos socialistas ó Congreso por Lugo José Blanco. Para o PPdeLugo éste é outro exemplo de que os socialistas dicen unha cousa pero fan outra.

Doutro xeito, segundo indicaron, non se explica que o Goberno central reducira este ano un 8 por cento os orzamentos adicados a Educación e moito menos que nestes últimos oito anos lle dera as costas á Formación Profesional ou que non fixera nada para evitar que o índice de fracaso escolar ascendera ata o 30 por cento, o dobre da Unión Europea, colocando a España, “tamén neste eido”, no vagón de cola.

jueves, 20 de octubre de 2011

Feijoo apadriñou hoxe en Lugo as candidatura coas que o PPdeLugo concurre ás eleccións do 20-N

  • O PPdeLugo presentou hoxe as candidaturas coas que concurrirá ó Congreso e ó Senado nas eleccións xerais do vindeiro 22 de novembro nun acto no que participou o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo.

Os populares lucenses amósanse convencidos de acadar o respaldo maioritario do electorado lucense porque, segundo recalcan, “o Partido Popular constitúe a única opción creíble, fiable e con capacidade para lograr que o país poida remontar a grave crise económica na que se atopa”. Así, centrarán a súa campaña electoral en dar a coñecer as solucións que os populares queren dar ós problemas de  España dende o Goberno do Estado e con Mariano Rajoy coma presidente “serio e capaz”. Por elo, traballarán para contribuir tamén dende a provincia de Lugo a que Rajoy non só acade a victoria electoral senón que conte cun respaldo maioritario que dé solidez ó seu goberno. Neste contexto, os populares lucenses confían en incrementar a súa representación nas cámaras nacioanis. 

No que atinxe á conformación das listas, dende o PPdeLugo salientan que acomenteuse unha importante renovación que afecta a prácticamente a metade dos integrantes. Indican asimesmo que na conformación das mesmas tentouse buscar unha representación das distintas comarcas da provincia, así como a presencia de mulleres, que  case supoñen o 50 por cento.

CONGRESO

Joaquín García Díez
DATA NACEMENTO: Ferrol, 16 de setembro de 1954.
FORMACIÓN: Biólogo
PROFESIÓN: Funcionario do Inludes
ACTIVIDADE POLÍTICA: Deputado no Congreso

Jaime de Olano Vela
DATA NACEMENTO: A Coruña, 6 de xullo de 1970
FORMACIÓN: Licenciado en Dereito
PROFESIÓN: Avogado
ACTIVIDADE POLÍTICA: Concelleiro en Viveiro

Olga Iglesias Fontal
DATA NACEMENTO: Triacastela, 5 de abril de 1971
FORMACIÓN: Veterinaria
PROFESIÓN: Funcionaria Corpo Veterinario da Xunta de Galicia
ACTIVIDADE POLÍTICA: Alcaldesa de Triacastela, presidenta do comité local e deputada no Congreso

María Josefa Gómez Pallín
DATA NACEMENTO: Castroverde, 4 de novembro de 1981.
FORMACIÓN: Diplomada en Maxisterio
PROFESIÓN: Mestra de Educación Infantil.
ACTIVIDADE POLÍTICA: Voceira do GMPP en Castroverde e presidenta do comité local

Suplentes:
Mercedes Josefina González Alonso
DATA NACEMENTO: Foz, 9 de agosto de 1970
Formación: Licenciada en Farmacia
Profesión: Farmaceutica
ACTIVIDADE POLÍTICA: concelleira en Foz

Daniel Vega Pérez
DATA NACEMENTO: Arante (Ribadeo), 4 de novembro de 1983
FORMACIÓN: Técnico Agrícola
PROFESIÓN: Técnico Agrícola cooperativa Gancobre de A Pastoriza
ACTIVIDADE POLÍTICA: presidente provincial Novas Xeracións

Azucena González Loredo
DATA NACEMENTO: 13 de setembro de 1972
FORMACIÓN: Licenciada en Filoloxía inglesa
PROFESIÓN: Empregada SEAGA
ACTIVIDADE POLÍTICA: concelleira en Ribadeo.

César Aja Mariño
DATA NACEMENTO: Viveiro, 7 de xaneiro de 1951
FORMACIÓN: Licenciado en Bioloxía
PROFESIÓN: Profesor de Secundaria
ACTIVIDADE: voceiro GMPP de Viveiro e presidente da agrupación local

 

SENADO

José Manuel Barreiro Fernández
DATA NACEMENTO: Lugo, 18 de septiembre de 1957
FORMACIÓN: Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais       
PROFESIÓN: Catedrático de Universidade   
ACTIVIDADE POLÍTICA: Presidente Provincial PP de Lugo, senador, voceiro do PP na Deputación e concelleiro en Lugo 

Suplentes
Juan Carlos Armesto Quiroga
DATA NACEMENTO: O Saviñao, 20 de marzdo 1968
FORMACIÓN: FP Administrativo
PROFESIÓN: axente comercial
ACTIVIDADE POLÍTICA: concelleiro e tenente-alcalde en O Saviñao

Encarnación Amigo Díaz
DATA NACEMENTO: As Nogais, 24 de marzo de 1957
FORMACIÓN: licenciada en Mediciña.
PROFESIÓN: Médico Reumatólogo
ACTIVIDADE POLÍTICA: concelleira en Lugo

Armando Castosa Alvariño
DATA NACEMENTO: Goa (Cospeito), 22 de novembro de 1963
FORMACIÓN: Bacharelato superior
PROFESIÓN: Funcionario de Administración Local
ACTIVIDADE POLÍTICA: Alcalde de Cospeito, presidente do comité local e senador

Suplentes
Angel Camino Campo
DATA NACEMENTO: O Incio, 24 de febreiro de 1944
FORMACIÓN: bacharelato
PROFESIÓN: xubilado
ACTIVIDADE POLÍTICA: membro executiva provincal e autonómica

María Luisa Macía Martínez
DATA NACEMENTO: Rábade, a 10 de novembro de 1972
FORMACIÓN: licenciada en Dereito
PROFESIÓN: Procuradora
ACTIVIDADE POLÍTICA: voceira GMPP en Rábade e presidenta agrupación local


Julia Rodríguez Barreira
DATA NACEMENTO: Monforte, 18 de decembro de 1966
FORMACIÓN: Licencidada en Dereito
PROFESIÓN: Avogada
ACTIVIDADE POLÍTICA: Voceira do GMPP en Monforte

Suplentes
Dámaso López Rodríguez
DATA NACEMENTO: Taboada, o 1 de decembro de 1951
FORMACIÓN: licenciado en Mediciña
PROFESIÓN: médico
ACTIVIDADE POLÍTICA: deputado autonómico e presidente da agrupación local en Monforte

Ana Broz Paderne
DATA NACEMENTO: A Coruña, o  8 de  xullo de 1978
FORMACIÓN: Fisioterapeuta
PROFESIÓN: Fisioterapeuta
ACTIVIDADE POLÍTICA: concelleira e tenente-alcalde en Guitiriz

jueves, 6 de octubre de 2011

Fotos de Málaga

2011-10-06 (2)

2011-10-06 (1)

2011-10-06 (3)

 

 

 

 

 

 

 

 

2011-10-06 (4)