sábado, 22 de octubre de 2011

O PP non adquirirá ningún compromiso que non dispoña de consignación orzamentaria

  • Así o aseguraron os populares hoxe durante a reunión comarcal preparatoria da vindeira campaña electoral celebra en Chantada

O presidente do PPdeLugo e candidato ó Senado José Manuel Barreiro defendeu hoxe en Chantada o control do gasto público como “ferramenta para garantir a sustentabilidade do estado de benestar” e o control “por lei” de que o que os compromisos que adquiran os responsables gubernamentais “estén avalados polos orzamentos”.

Segundo Barreiro “non é admisible nunca e menos nunha situación de profunda crise económica como a actual” que os “máximos responsables desta situación” neguen a necesidade de impoñer un control sobre o gasto nas administración e menos aínda que “se atrevan a seguir prometendo cando os feitos demostran que é moi doado prometer sobre todo cando se sabe de antemán que non se vai cumprir”. “É ós feitos me remito”, recalcou durante a xuntanza celebrada hoxe en Chantada dentro do calendario de reunións comarcais preparatorias da próxima cita electoral á que asistirón alcaldes e concelleiros das comarcas de Chantada e A Ulloa, así como os intengrantes das candidatura coas que o PP concurre ó Congreso e ó Senado como Joaquín García Díez, Jaime de Olano, Armando Castosa ou Julia Rodríguez.

Neste contexto o presidente provincial respaldou a proposta de Mariano Rajoy de que, se o PP asume o goberno do Estado, non se aprobará ningunha nova lei sen que antes se cuantifique o custo da súa aplicación e éste non conte coa perceptiva consignación orzamentaria.
 
Os populares tamén consideraron “moi acertada” que a Xunta de Galicia fora unha das primeiras comunidades que apostou por premiar ós concellos que “xestionan ben e teñen as súas contas ó día e en orde”.

“Hai que buscar a excelencia na xestión pública e é preciso que as administracións colaboren para optimizar os recursos e neste contexto hai que axudar, como administración máis próxima ós cidadáns, ós concellos, máxime nestes intres nos que están a pasar por moitas dificultades pero eles tamén teñen que esforzarse por cumprir coas normas establecidas”, explicou Barreiro.
A este respecto o dirigente popular tamén considerou “acertado” que Mariano Rajoy se amosase disposto a estudar o establecemento de prazos máis amplos para que comunidades autónomas e concellos poidan devolver os anticipos recibidos do Estado “por culpa das malas previsións efectuadas polos socialistas”. “Con esta proposta Rajoy amosou a súa sensibilidade con este problema e a súa disposición a colaborar co resto de administracións, sobre todo con aquelas, como é o caso dos concellos, que peor o están a pasar polos graves problemas de liquidez cos que se atopan”, apuntillou.

0 comentarios:

Publicar un comentario