viernes, 21 de octubre de 2011

Barreiro: “é unha irresponsabilidade colosal por parte dos socialistas negar a súa responsabilidade polo caos económico no que se atopa o país”

José Manuel Barreiro alertou do que considera unha “colosal irresponsabilidade” por parte dos socialistas de “acusar a outros do que eles son especialistas despois de arruinar o país e efectuar os maiores recortes sociais da democracia”.

“É como pretender reconvertir ó raposo en galiña ou ó verdugo en víctima”, asegurou o presidente do PPdeLugo durante a xuntanza mantida hoxe en Monforte con alcaldes e concelleiros da Zona Sur nunha nova reunión comarcal preparatoria da vindeira campaña electoral. Unha xuntanza na que asumiron un protagonismo especial os integrantes das listas coas que os populares lucenses concurren ás eleccións xerais do vindeiro mes de novembro, tras ser presentados oficialmente onte en Lugo durante un acto ó que asistiu o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo.  Así, participaron, entre outros os aspirantes, Joaquín García,  Olga Iglesias e Julia Rodríguez.

Para o líder dos populares lucenses e tamén candidato ó Senado o prioritario é acadar a estabilidade económica e facer as reformas precisas para activar o mercado laboral. Por aí, segundo recalcou, principiarán os deberes nos que terá que empregarse a fondo o goberno resultante da cita coas urnas do vindeiro 20-N. “Restablecer a credibilidade e impoñer o rigor no gasto é o obxectivo”, reiterou.

Cinco millóns de parados, “un de cada dous mozos deste país non teñen traballo”, puntualizou; o despilfarro, “lembremos, coma exemplo, os 13.500 millóns adicados ó Plan E”; a débeda, “o déficit público marca récord”, suba de impostos, “os efectos do IVE e o IRPF son perfectamente comprobables”; e recortes sociais “sen precedentes, coa reducción do salario ós funcionarios, a conxelación das pensións e o aumento da idade de xubilación coma puntas do iceberg” é, segundo explicou José Manuel Barreiro, “a herdanza envenenada que deixa o goberno do que Rubacaba formou parte”.

O resumo é que a política desenvolvida polos socialistas contribuiu a agravar “aínda máis” a crise: “impediu recuperar o crecemento económico; aumentou o gasto público; recortou o gasto social e subiu os impostos”, asegurou Barreiro.

“Con este panorama, pretender culpar ó Partido Popular dos axustes ós que obriga a mala xestión do PSOE é rizar o rizo, ademais dun despropósito e una devergoña sen precedentes”, engadiu o presidente do PPdeLugo, quen exhortou ós representantes do seu partido a explicar ós veciños a situación con “pelos e sinais e sobre todo con datos e feitos”.

“PREOCUPACIÓN” DE BLANCO POLA EDUCACIÓN

Os populares tamén ironizaron sobre a “suposta aposta e preocupación” dos socialistas pola educación aludindo ás declaracións efectuadas onte polo cabeza de lista dos socialistas ó Congreso por Lugo José Blanco. Para o PPdeLugo éste é outro exemplo de que os socialistas dicen unha cousa pero fan outra.

Doutro xeito, segundo indicaron, non se explica que o Goberno central reducira este ano un 8 por cento os orzamentos adicados a Educación e moito menos que nestes últimos oito anos lle dera as costas á Formación Profesional ou que non fixera nada para evitar que o índice de fracaso escolar ascendera ata o 30 por cento, o dobre da Unión Europea, colocando a España, “tamén neste eido”, no vagón de cola.

0 comentarios:

Publicar un comentario