sábado, 19 de noviembre de 2022

O PP esixe ao Goberno unha resposta inmediata á limitacións de velocidade existentes durante 11 km da autovía A-54 entre Nadela e Palas de Rei

  • Joaquín García Díez preguntou ao Goberno sobre as limitacións de velocidade a 100 km/h por primeira vez o pasado mes de febreiro e outra vez hai unhas semanas 
  • A resposta do Goberno ás preguntas do deputado popular no Congreso foi, en ambas ocasións, que “actualmente está sendo analizada a citada restrición de velocidade nese tramo”
  • Para García Diez que, despois de 9 meses, esta siga sendo a ser a resposta do Goberno supón “ou ben unha absoluta falta de xestión e incompetencia ou ben unha burla aos lucenses que veñen demandando unha solución ante unhas limitacións de velocidade que descoñecen os motivos polos que durante máis de 11 km non poden circular á mesma velocidade que no resto do trazado”
  • Para o popular resulta inaceptable ter que tomarse case un ano para adoptar unha decisión tan sinxela comparada coa premura coa que este Goberno toma decisións moito máis transcendentes como modificar as penas ou os delitos, cambiando leis que requiren reflexións e consensos

Os deputado popular por Lugo no Congreso, Joaquín García Díez, esixe ao Goberno unha resposta inmediata ás limitacións de velocidade existentes durante 11 km da autovía A-54 entre Nadela e Palas de Rei.

Joaquín García Díez preguntou ao Goberno sobre as limitacións de velocidade a 100 km/h por primeira vez o pasado mes de febreiro e outra vez fai unhas semanas. A resposta do Goberno ás preguntas do deputado popular no Congreso foi, en ambas ocasións, que “actualmente está sendo analizada a citada restrición de velocidade nese tramo”.

Para García Díez que, despois de 9 meses, esta siga sendo a ser a resposta do Goberno supón “ou ben unha absoluta falta de xestión e incompetencia ou ben unha burla aos lucenses que veñen demandando unha solución ante unhas limitacións de velocidade que descoñecen os motivos polos que durante máis de 11 km non poden circular á mesma velocidade que no resto do trazado”.

Para o popular resulta inaceptable ter que tomarse case un ano para adoptar unha decisión tan sinxela comparada coa premura coa que este Goberno adopta decisións moito máis transcendente como modificar as penas ou os delitos, cambiando leis que requiren reflexións e consensos. “Nestas cousas si que teñen presas en decidir e non necesitan estudar tanto, pero en saber si se pode circular a 100 ou a 120 hai que facer todo un máster”, finaliza García Díez.

0 comentarios:

Publicar un comentario