miércoles, 2 de octubre de 2013

Barreiro e García Díez: “estos orzamentos consolidan a recuperación económica e confirman a importancia das infraestructuras lucenses”

  • O voceiro do PP no Senado e presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, calificou os orzamentos de “realistas e responsables” e destacou a previsión de crecemento da economía española en 2014: un 0,7%
  • Explicou o popular que Galicia é a segunda Comunidade con maior volumen de inversión do Ministerio de Fomento en 2014, cun importe de 1.157,7 millóns de euros e destacou que a provincia de Lugo sitúase como a cuarta de toda España en inversión de fomento en estradas
  • García Díez foi o encargado de desgranar o contido do proxecto de orzamentos que, na súa opinión, comeza a mostrar os froitos do esforzo e do traballo do goberno de Mariano Rajoy e destacou os 99,12 millóns de euros que destina o departamento de Ana Pastor para as estradas lucenses, salientando, entre outros, os máis de 80 millóns de euros para a A-54 entre Lugo-Santiago

O voceiro do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, e o deputado nacional, Joaquín García Díez, manifestaron, esta mañá, que os orzamentos xerais do Estado para 2014, presentados polo Goberno de Mariano Rajoy, “consolidan a recuperación económica de España” grazas ás políticas emprendidas polo Executivo.

Nunha rolda de prensa, na que estiveron acompañados polos deputados nacionais, senadores, voceira do GPP na Deputación de Lugo e voceiro dos populares no concello lucense, ámbolos dous políticos lucenses calificaron os Orzamentos para o ano 2014 de “realistas e responsables” e destacaron o equilibrio entre a austeridade e a contención do gasto co impulso dun crecemento sostido.

Foi o voceiro do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, quen valorou as previsións económicas do Goberno para o ano 2014, que contemplan un crecemento da economía española do 0,7% do Producto Interior Bruto (PIB) e unha reducción na taxa de paro, situándose ao final do ano nun 25,9%.

Na súa opinión, as contas presentadas polo Goberno do PP recuperan o rigor que perderon durante os anos de Gobierno de Rodríguez Zapatero, profundizando na reducción do gasto público iniciado no ano 2012 e 2013 e comprometéndose a non subir os impostos.

José Manuel Barreiro tamén puxo en valor a aposta do Goberno no estado de benestar, garantindo o poder adquisitivo das pensións e incrementando as partidas orzamentarias de becas, Plan de Vivienda, I+D+i, Cultura e prestacións por desemprego.

INVERSIÓNS EN GALICIA

En canto á inversión do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, o presidente dos populares lucenses resaltou que Galicia é a segunda Comunidade con maior volume de inversión do Ministerio de Fomento no 2014, cun importe de 1.157,7 millones de euros, o que a sitúa nun 198% por riba da media nacional.

Do mesmo xeito, Barreiro sinalou que Galicia é a segunda comunidade, tamén, cunha maior inversión de Fomento en ferrocarrís, cun importe total de 826,4 millóns de euros. Tamén, quixo destacar unha partida orzamentaria de 25,1 millones de euros para o impulso das políticas de vivenda na Comunidade galega.

PROVINCIA DE LUGO

Tras facer un repaso xeral das inversións en Galicia, José Manuel Barreiro centrouse na provincia de Lugo, que “é a cuarta de España en inversión de Fomento en estradas, cun importe de 99,12 millones de euros”, apuntou.

En relación ao ferrocarril, o presidente popular sinalou que a inversión prevista na provincia ascende a 16,59 millones de euros en actuacións como a redacción do proxecto da Estación Intermodal de Lugo, a continuación das actuacións entre Ourense e Lugo, continuando as obras da variante da Pobra de San Xulian e a eliminación de pasos a nivel.

Para finalizar, Barreiro explicou tamén que as partidas destinadas ao mantemento da rede convencional figuran no capítulo 7 do orzamento e ascenden a preto de 9 millones de euros na provincia. Tamén no orzamento de ADIF recóllense en partidas para actuaciones puntuais na rede convencional en tramos coma o de Lugo-Parga e outras para actuacións en estacións.

CONTIDO DO PROXECTO DE ORZAMENTOS


Foi o deputado nacional, Joaquín García Díez, o encargado de desgranar o contido do proxecto de orzamentos que, na súa opinión, comeza a mostrar os froitos do esforzo e do traballo do goberno de Mariano Rajoy.

"Fai un ano presentábamos uns orzamentos austeiros e hoxe podemos decir que estamos na senda da recuperación”- comezou a súa intervención García Díez, quen destacou a inversión en Galicia e, concretamente na provincia de Lugo, para levar a cabo proxectos moi necesarios.

“Son uns orzamentos rigurosos e realistas; destacou, que cumprido o compromiso de finalizar a A-8 no tramo galego este ano, como así será se non xurden problemas de ultima hora, a prioridade é dar un impulso importante como o que suporá a autovía Santiago-Lugo”- manifestou Garcia Díez, quen, lembrou a inversión en infraestructuras por parte do departamento de Ana Pastor, que convirte a Lugo, na cuarta provincia de España en inversión de Fomento en estradas, cun total de preto de 100 millóns de euros.

Manifestou o popular, que no tocante a obras na provincia de Lugo, continuarán as construccións de tres tramos da A-54 entre Lugo e Guntín cun orzamento de preto de 70 millóns par aos tres tramos e retomaranse o tramo Palas de Rei-Guntín, que estaba practicamente paralizado, e agora contará cun orzamento de 15,5 millones.

Joaquín García puxo de manifesto que, tamén, para a conservación de estradas, o Ministerio de Fomento prevé uns 14,51 millóns algo que “permitirá atender adecuadamente á conservación e sinalización das nosas vías estatais, así como, mellorar a seguridade vial”.

Neste senso, lembrou, o popular, que no Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, figuran partidas por un montante de algo máis de 7 millóns de euros para obras, como a ampliación do Sistema de abastecimiento de agua a Lugo, melloras do tratamento de agua potable de Monforte ou a rede de colectores xerais en Lugo. 

Finalizou García Díez lembrando que non son menos importantes os compromisos con algunhas inversións que previamente requiren rematar os estudos informativos ou a redacción dos seus proxectos, para o que se consignan cantidades que permitirán abordar estos traballos en obras como a estrada entre Ourense e Ponferrada que mellorará no seu dia as comunicacións no sur de Lugo, ou o proxecto para poder contratar as obras entre Barreiros e Foz na costa lucense.

0 comentarios:

Publicar un comentario