miércoles, 10 de febrero de 2021

O Goberno levará ao peche a numerosos negocios lucenses e ao paro a ducias de persoas, rexeitando a proposta do PP

  • Así o indican Jaime De Olano e Joaquín García Díaz, logo de que o Executivo rexeitase a proposta dos populares, que incluía axudas directas e concretas do Estado para o sector da hostalería e o turismo
  • Para os deputados por Lugo resulta “inaceptable” a postura de socialistas e podemitas canto noutros países de Europa e comunidades como a galega e incluso os concellos da provincia si que están a aplicar plans especiais e liñas de axudas directas para rescatar a empresa hostaleira e turística
  • Lamentan que o Executivo aprobase un Real-Decreto que favorece a okupación en España. “Es un auténtico disparate. El Sr. Sánchez y el Sr. Iglesias les abren las puertas a esas personas que invaden nuestras viviendas. Es un escándalo a todas luces”, destacan 

Os deputados nacionais, Jaime De Olano e Joaquín García Díez, advirten que o Goberno levará ao peche a numerosos negocios e ao paro a ducias de lucenses, logo de rexeitar no Congreso a proposta do Grupo Popular para que se concedesen diversas axudas directas ao sector da hostalería e o turismo; “dos de los motores económicos más importante en nuestro territorio y que son los que están padeciendo las consecuencias de la pandemia”, indican os representantes do PP na Cámara Baixa.

“El Sr. Sánchez y el Sr. Iglesias tienen la obligación moral de apoyar a nuestros camareros, cocineros, autónomos, proveedores y empresarios del sector servicios que, como todos sabemos, les está costando respirar en estos momentos desde el punto de vista económico”. De Olano e García Díez lamentaron así a falta de vontade política do Executivo central, e que se reflicte nos datos do paro rexistrados nas últimas semanas. Concretamente, Lugo é a provincia galega onde máis subiu o paro e o sector servizos acumula o 70%.

Por este motivo, entende que “votar en contra de la aprobación de un Plan de Choque de ayudas directas a un sector tan castigado, equivale a poner en riesgo la supervivencia de este sector”. 

Para os populares resulta “inaceptable” a postura de socialistas e podemitas canto noutros países de Europa si que están a aplicar plans especiais e liñas de axudas directas para rescatar a empresa hostaleira e turística. “España es la segunda potencia mundial en esta materia y, que hace el Gobierno? dar la espalda a estos pequeños empresarios y autónomos. Esto es lo que le importa el sector al presidente del Gobierno!”, exclaman. 

En contraposición, os populares gabaron a xestión doutros gobernos como o de certas autonomías. É o caso da galega, na que o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, xa está a tramitar o segundo Plan de rescate. En total, a administración autonómica puxo a disposición deste sector 160 millóns de euros e apenas 90 días. En termos provinciais, en xaneiro, xa pagara o 92% das achegas aos 713 negocios dentro da primeira liña de axudas. En total, 1,1 millóns de euros.

“Un Plan que, además, ha sido pactado con el sector y para el que se ha invitado a todas las administraciones. Pero esto solo no llega. No llega lo que hace la Xunta e incluso muchos ayuntamientos lucenses que también están arrimando el hombro; hace falta también el apoyo del Gobierno del Estado”, defenden.

Proposta do PP

A proposta do PP incluía, entre outras medidas, a necesidade de ofrecer axudas directas ao sector da hostalería e reducir o IVE aplicado a este reximen e ao resto de empresas prestadoras de servizos turísticos ao tipo súper reducido do 4%, polo menos durante este ano. Tamén prorrogar os ERTE de maneira automática ata que cese esta situación e que os autónomos que se vexan obrigados a suspender as súas actividades non paguen por ela impostos. Financiar un plan RENOVE de axudas de mellora e modernización de instalacións e equipamentos e adaptación ás novas normativas sanitarias para os establecementos hoteleiros, era outra das iniciativas que recollía a proposta da formación popular.

Okupación

Os deputados do PP tamén denunciaron que o Goberno saque peito coa aprobación no Congreso do Real Decreto-ley 1/2021, de 19 de xaneiro, de protección dos consumidores e usuarios, que introduce modificacións de carácter técnico ao real decreto lei de 22 de decembro para frear os desahucios durante o estado de alarma para persoa sen alternativa habitacional. Os populares que, como resulta deducible, votaron en contra, consideran esta medida lexislativa “un auténtico robo, ya que invita a la okupación en toda España”.

“Es una norma que no recoge ninguna medida concreta para proteger al consumidor vulnerable y tampoco aporta ninguna efectividad real en su conjunto. Es un auténtico disparate. El Sr. Sánchez y el Sr. Iglesias son los anfitriones de la okupación en España, les abren las puertas a esas personas que invaden nuestras viviendas. En definitiva, es un escándalo a todas luces. No podemos compartir, subraian, esta norma con la que tantos propietarios, a los que les ha costado mucho adquirir una vivienda, ven como se protege a aquellos que las okupan”, conclúen.

0 comentarios:

Publicar un comentario