lunes, 21 de marzo de 2022

Os deputados lucenses do PP instan ao Goberno a aclarar que medidas adoptará para garantir o abastecemento á poboación de produtos básicos

  • Na reunión en Burela, analizáronse as medidas que propuxeron os populares no Congreso dos Deputados durante a comparecencia do ministro Planas o pasado día 9 de deste mes de marzo, tales como a aplicación urxente de axudas directas ou bonificacións fiscais
  • O presidente da Federación Nacional de Confrarías agradeceu ao deputado popular a defensa que fixo das reivindicacións que desde as organizacións pesqueiras veñen trasladando ao Goberno
  • García Díez considera inaceptable que, diante da grave situación pola que atravesa o sector, o Goberno non se sentara xa a dialogar e buscar solucións cos responsables da folga de transportistas, que esta deixando desabastecida de alimentos á poboación e causando perdas millonarias
  • Os populares acusan a Pedro Sánchez de inacción, falta de previsión e descoordinación, pois fía todo aos acordos que adopten a UE e o Goberno previstos para o día 29, mentres outros países europeas xa aplicaron medidas


Os deputados populares por Lugo Jaime de Olano e Joaquín García Díez mantiveron esta mañá unha reunión con representantes da confraría de pescadores de Burela.  Este encontro forma parte dos que con frecuencia manteñen o portavoz de pesca do PP e deputados lucenses co sector pesqueiro. Os populares anuncian novas iniciativas no Congreso en relación co sector pesqueiro; en concreto, García Díez preguntará ao ministro Planas, na sesión plenaria de control ao Goberno que se celebrará o mércores, día 23, polas medidas que pensa adoptar para garantir o abastecemento de produtos básicos á poboación.

Na reunión en Burela, segundo explicou García Díez, “analizáronse as medidas que propuxemos no Congreso dos Deputados durante a comparecencia do ministro Planas o pasado día 9 de deste mes de marzo, tales como a aplicación urxente de axudas directas ou bonificacións fiscais”.  Naquela ocasión, o deputado portavoz de pesca do PP pediulle ao ministro que se reunise urxentemente cos representantes dos pescadores que lle pedían a reunión; critica que vaian transcorrer 15 días ata esa reunión, prevista para o próximo día 23. 

O presidente da Federación Nacional de Confrarías agradeceu ao deputado popular a defensa que fixo das reivindicacións que desde as organizacións pesqueiras veñen trasladando ao Goberno. Para García é inaceptable que, diante da grave situación pola que atravesa o sector, non se sentaran xa a dialogar e buscar solucións cos responsables da folga de transportistas que esta deixando desabastecida de alimentos á poboación, causando perdas millonarias e poñendo en perigo a vida de animais.

 Os deputados populares acusan o Goberno de inacción e de falta de previsión así como de descoordinación, pois mentres fían todo aos acordos que adopten a UE e o Goberno de España previstos para o día 29, outros países europeas xa aplicaron medidas para paliar o custo dos combustibles, como Francia, Italia, Irlanda ou Portugal. 


0 comentarios:

Publicar un comentario