lunes, 26 de marzo de 2012

O Partido Popular de Lugo continuou hoxe, na Mariña, as súas reunións cos empresarios para explicárlle-las últimas medidas adoptadas polo goberno central

  • Ao encontro de esta mañá, asistiron membros do sector pesqueiro, un área estratéxica nesta comarca
  • O Secretario Xeral do Partido Popular en Lugo, José Manuel Balseiro e os Deputados Joaquín García Díez e Jaime Olano explicaron a partida que dotou o estado afirmando que vai posibilitar que todas aquelas débedas que Concellos e Autonomías teñan con empresarios, sexan liquidadas
  • Sobre a reforma laboral, aseguraron que é a solución para a creacción e o mantemento de postos de traballo

A Mariña, 26 de marzo de 2012.-  O Secretario Xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro e os Deputados Joaquín García Díez e Jaime de Olano, mantiveron esta mañá unha reunión con empresarios lucenses para explicarlles as medidas que o Goberno de España ven adoptando neste últimos meses. Centráronse, sobre todo, no Real Decreto de pago a proveedores e na reformal laboral.

Con respecto ao pago a proveedores, explicaron que o Estado dotou unha partida de 35 mil millóns de euros que vai a posibilitar que todas aquelas débedas que, tanto Concellos, Autonomías, teñan con empresas pequenas ou autónomos sexan liquidadas.
Balseiro, García Díez e De Olano, afirmaron que esta medida, aprobada recentemente é un feito único. “Nunca se ten dado na historia de este país que se permita poñer a cero a débeda das diferentes administracións tanto locales como autonómicas” manifestaron.

Aseguraron, ámbolos tres, que esta medida ten un dobre efecto: por unha banda, que as empresas van a cobrar, e esa é unha inxección de liquidez nelas (poderán pagar tamén elas as débedas que tiñan) e, por outra banda, dalles unha posición financieira máis forte no sentido que van a rebaixar a débeda que eles poidan ter con entidades financieiras e polo tanto acudir a financiación cando menos nunha cuantía equivalente a este importe.

“Estamos diante dunha circunstancia que calificamos de feito histórico e que demostra claramente que este goberno tomou as cousas en serio, que analizou cal é a realidade da situación e tamén aquí cabe encadrar esta medida porque temos que saber cal é a débeda do conxunto das adminstracións, por eso se lle pedíu aos Concellos e as autonomías que dixeran o que deben, cales son as facturas que están pendentes antes de 2012, para a partir de ahí buscar unha fórmula apropiada para poder levar a cabo a liquidación “

Sobre a reforma laboral, dixeron os populares, que é imprescindible. “O anterior goberno socialista levou a cabo 5 reformas laborais cuxo único resultado foron máis de 5 millóns de parados, polo que ata agora neste pais só había un mecanismo de axuste, que era destruír emprego, algo que hai que cortar e que o facilitará a reforma laboral”- manifestaron.

A de hoxe, é a sexta reunión que os populares lucenses están levando a cabo nas comarcas da provincia, para explicar aos empresarios as novas medidas adoptadas polo goberno central. Uns encontros que están sendo un auténtico éxito e no que participan un númeroso número de empresarios, na de esta mañá participaron, ademáis, membros do sector pesqueiro, un área estratéxica na comarca da Mariña.

0 comentarios:

Publicar un comentario