- Estas reunións comarcais tiveron como obxetivo explicarlle aos empresarios as últimas medidas adoptadas polo goberno central
- Armando Castosa e Joaquín García Díez explicaron a partida que dotou o estado afirmando que vai posibilitar que todas aquelas débedas que Concellos e Autonomías teñan con empresarios, sexan liquidadas
- Sobre a reforma laboral, aseguraron que é a solución para a creacción e o mantemento de postos de traballo
A Mariña, 26 de marzo de 2012.- O Senador, Armando Castosa e o Deputado Joaquín García Díez, mantiveron esta mañá unha reunión con empresarios lucenses para explicarlles as medidas que o Goberno de España ven adoptando neste últimos meses. Centráronse, sobre todo, no Real Decreto de pago a proveedores e na reformal laboral.
Con respecto ao pago a proveedores, explicaron que o Estado dotou unha partida de 35 mil millóns de euros que vai a posibilitar que todas aquelas débedas que, tanto Concellos, Autonomías, teñan con empresas pequenas ou autónomos sexan liquidadas.
Castosa e García Díez, afirmaron que esta medida, aprobada recentemente é un feito único. “Nunca se ten dado na historia de este país que se permita poñer a cero a débeda das diferentes administracións tanto locales como autonómicas” manifestaron.
Aseguraron, ámbolos dous, que esta medida ten un dobre efecto: por unha banda, que as empresas van a cobrar, e esa é unha inxección de liquidez nelas (poderán pagar tamén elas as débedas que tiñan) e, por outra banda, dalles unha posición financieira máis forte no sentido que van a rebaixar a débeda que eles poidan ter con entidades financieiras e polo tanto acudir a financiación cando menos nunha cuantía equivalente a este importe.
“Estamos diante dunha circunstancia que calificamos de feito histórico e que demostra claramente que este goberno tomou as cousas en serio, que analizou cal é a realidade da situación e tamén aquí cabe encadrar esta medida porque temos que saber cal é a débeda do conxunto das adminstracións, por eso se lle pedíu aos Concellos e as autonomías que dixeran o que deben, cales son as facturas que están pendentes antes de 2012, para a partir de ahí buscar unha fórmula apropiada para poder levar a cabo a liquidación “
Sobre a reforma laboral, dixeron os populares, que é imprescindible. “O anterior goberno socialista levou a cabo 5 reformas laborais cuxo único resultado foron máis de 5 millóns de parados, polo que ata agora neste pais só había un mecanismo de axuste, que era destruír emprego, algo que hai que cortar e que o facilitará a reforma laboral”- manifestaron.
Coa de hoxe, ponse punto e final a estas reunións que os populares lucenses iniciaron o pasado 16 de marzo en Lugo, para explicar aos empresarios as novas medidas adoptadas polo goberno central. Uns encontros que foron un auténtico éxito e no que participaron un númeroso número de empresarios.
0 comentarios:
Publicar un comentario