martes, 3 de abril de 2012

O PP explica os orzamentos deseñados polo Goberno

Barreiro: “son uns orzamentos pensados para paliar a situación dos que peor o están pasando coa crise económica e o desemprego”
• “O Goberno Central subiu en pensións, non rebaixou o salario dos funcionarios e non subeu o IVA”
• “Hai que acometer un axuste moi duro, 27.300 millóns de euros, que significa renunciar a moitos programas de gasto para equilibrar canto antes os Orzamentos”
• España será fiable no 2012, o que favorecerá a recuperación económica, xa que se vai cumprir a previsión de déficit público do 5.3%
• Ante unha situación límite necesítanse uns orzamentos excepcionais
• Galicia, é a segunda comunidade con máis inversión no 2012. Recibirá 1.706 millones, un 9,48 % máis que no 2011, o que supón un 13 % do total estatal
• Lugo lévase case a metade do orzamento, que destina Fomento a Galicia, aproximadamente, 130 millóns de euros

O Presidente do Partido Popular na provincia de Lugo, José Manuel Barreiro e o Deputado nacional, Joaquín García Díez, acompañados polos demáis Senadores e Deputados Nacionais pola provincia lucense, fixeron balance esta tarde dos Orzamentos Xerais do Estado para este ano 2012.

DSC02523“Estamos nunha situación crítica que conleva un axuste moi duro, o máis austeiro da democracia, con medidas extraordinarias, para cumprir o compromiso ineludible de reducir o déficit público, tal e como agarda a Unión Europea tra-lo compromiso de España. Son uns orzamentos que plantexan o maior axuste fiscal da historia da Democracia, ata 27.300 millóns de euros e son a garantía de que imos cumprir o obxectivo do 5.2% de déficit”- manifestou Barreiro.
O Presidente dos populares lucenses afirmou que a herdanza envelenada do goberno socialista foi tal (lembra os máis de cinco millóns de parados) que agora o Goberno do PP vese na obriga de acometer un axuste moi duro para por orde onde ata o de agora só houbo un auténtico desorden.
“O Estado vai apretar o cinto coma o viñeron facendo as empresas e as familias españolas, ata un recurte de gastos nos ministerios dun 17%, polo que as contas públicas en España van a deixar de ser unha lousa sobre a economía de España”- afirmou Barreiro.
O Deputado Nacional, Joaquín García Díez recoñeceu que son os orzamentos máis austeiros da democracia, pero que ante unha situación límite necesítanse uns orzamentos excepcionais, que están destinados a por orde onde hai un auténtico desorden.
Manifestou García Díez que Galicia, é a segunda comunidade con máis inversión no 2012 e que recibirá 1.706 millones, un 9,48 % más que en el 2011, o que supón un 13 % do total estatal.
O Ministerio de Fomento prevé invertir en Galicia 1.598.405 millóns de euros, unha cifra que supón un aumento de preto do 17% (16,95% concretamente) con respecto as contas do Estado para o 2011. Desta cantidade, 178.8 millóns de euros van destinados a provincia lucense.
“Falamos aquí dun total de 160 millóns de euros, dos cales 129.9 millóns van destinados a estradas e 29.1 millóns para ferrocarril. Se a estas cantidades, lle sumamos que empresas e sociedades estatais contan con 18 millóns, temos un resultado de 178.8 millóns de euros no Capítulo 6, Ministerio de Fomento, inversións”-manifestou García Díez.
Lembrou García Díez que o ano pasado, no capítulo 6, Fomento destinou 150.9 millóns de euros, e en execución presupuestaria 175.5 millóns de euros; unha cifra que malia a estar nunha época de crise económica e de ser uns presupostos austeiros, para LUGO, o Ministerio de Fomento, destina 28 millóns de euros máis que o ano pasado. (Lugo lévase case a metade do orzamento, que destina Fomento a Galicia, aproximadamente, 130 millóns de euros).
García Díez lembrou que malia a mala situación económica, o Ministerio de Fomento, vai facer fronte as expropiacións. Lembrou Díaz que o Ministerio presuposta 600 millóns de euros para toda España (nos vindeiros días desglosarase).
Dixo Joaquín García Díez, que España non pode permitirse o luxo de gastar outra vez, como no ano 2011, 90.000 euros máis por enriba dos ingresos e lembrou que os ministerios terán unha medida de reducción do 16.9%, máis de 27.000 millóns de euros.
No ámbito do ingreso, aclarou Joaquín García Díez que non vai a subir o IVA para non perxudicar o consumo e a recuperación económica e afirmou que se pedirá un esforzo no Imposto de Sociedades, un programa de regulación fiscal para as grandes empresas.
Barreiro e García Díez recoñeceron que son uns orzamentos moi duros, insistiron en que é o maior esforzo de consolidación fiscal da democracia, pero insistiron na súa necesidade para saír desta situación de emerxencia, que non é outra que paliar esta conxuntura/tesitura dos que o peor o están pasando coa crise económica e o desemprego.
BALANCE CEN DÍAS DE GOBERNO

DSC02532

O Presidente dos populares lucenses e Voceiro do PP no Senado tamén fixo unha valoración dos cen días de Goberno do PP en España. Afirmou Barreiro que ao actual goberno central, tocoulle facer en 2 anos, o que os socialistas non foron capaz de facer en 8.
Afirma Barreiro que se levaron a cabo moitas reformas, que van a continuar, que teñen como obxetivo xerar o crecemento e creacción de emprego, e que son as axeitadas e necesarias para producir  un efecto no futuro; “se continuamos por este camiño reformista, o noso país va a sair adiante e fortalecido. Estamos ante unha situación moi difícil pero sabemos o que facemos, xa que temos un plan de goberno que se vai a seguir desenvolvendo.”-manifestou.
Lembrou Barreiro que se o goberno anterior houbese cumprido o seu plan de déficit do 6%, no 2011, este ano teríamos que recurtar 18.000 millóns de euros menos e outros 10.000 menos o vindeiro ano. De ahí que o goberno central se virá na obriga de adoptar uns presupostos duros e dolorosos pero que son a única opción para non ir a peor”.

0 comentarios:

Publicar un comentario