viernes, 30 de enero de 2015

O Goberno de Rajoy blinda e garante o dereito dos cidadáns á súa pensión: nin as conxela, nin as porá en risco como fixeron os socialistas


  • Barreiro: “As pensións dos lucenses gañaron poder adquisitivo dende que goberna o PP”
  • Sinala que en 2014 as pensións subiron -malia que baixaron os prezos- e recalca que os 119.680 pensionistas lucenses viron incrementado o seu poder adquisitivo  nun 1.55% mentres que o IPC baixou un 0.7% nos últimos dous anos
  • Asegura que España vai polo bo camiño, está na senda da recuperación e do crecemento, con máis empregos e mais afiliados á Seguridade Social, o que tamén beneficia e garante o sistema de pensións
  • García Díez lembrou que Rajoy cumpriu o seu compromiso de non baixar as pensións e proba diso vese en que hoxe en España poden pagarse 400.000 pensións mais que cando empezou a lexislatura 

"A diferenza do PSOE, o Goberno de Mariano Rajoy blinda e garante o dereito dos cidadáns á súa pensión e nin as conxela, nin as porá en risco como fixeron os socialistas”. Foi a mensaxe que lanzou o presidente do PP de Lugo e voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, nunha rolda de prensa ofrecida esta mañá.

Con respecto á provincia de Lugo, que conta con 119.680 pensionistas, o popular manifestou que as pensións dos lucenses gañaron poder adquisitivo dende que goberna o Partido Popular e insistiu en que en 2014 as pensións subiron malia que os prezos baixaron: “no ano 2014, os pensionistas  viron incrementado o seu poder adquisitivo nun 1.25%  e en Lugo nun 1.55% “- matizou.

“Con Mariano Rajoy  o poder adquisitivo dos pensionistas incrementouse, e as previsións establecen que en 2015,  volverá a medrar, entre outras cousas, pola evolución estimada da inflación, que temos en España”- explicou Barreiro, quen lembrou que se revalorizaron periódica das pensións en 2012, 2013 e 2014 e vanse volver a revalorizar un 0.25% en 2015.

AS REFORMAS NECESARIAS

Acompañado polos deputados nacionais e senadores, José Manuel Barreiro lembrou que a principal ameaza para as pensións foi o goberno socialista, que “non só as conxelou, senón que foi incapaz de afrontar as reformas necesarias, mentres España entraba en práctica bancarrota e se xeraba un clima de nerviosismo e desesperación na sociedade”.

Manifestou Barreiro que hoxe en día hai 400.000 pensións máis que no 2011 e por primeira vez, a pensión media supera os 1.000 euros en España, polo que insistiu en que o comprobable con datos non da lugar a interpretacións. Expuxo, con cifras na man, unha comparativa entre o Goberno Socialista e o Popular. 

FONDO DE RESERVA

O presidente provincial manifestou que Mariano Rajoy conseguiu garantir que 9.275.000 pensionistas cobraran e cobren mes a mes as súas pensións ademáis de incrementarse a pensión media de xubilación un 3,54%. Citou aquí o Fondo de Reserva creado polo PP que se utilizará para apoiar aos pensionistas ata o final e sempre que sexa necesario.


RAJOY CUMPRIU O SEU COMPROMISO: “NON TOCOU AS PENSIÓNS”

Por outra banda, o deputado nacional, Joaquín García Díez, lembrou que malia ás enormes dificultades económicas destes últimos anos, o Goberno non recortou no fundamental do Estado de Benestar.

“O empeño de Rajoy e do seu Goberno foi que 9.275.000 pensionistas, cobraran tódolos meses durante estes anos as súas pensións, e conseguírono, sen conxelalas e sen baixalas”- manifestou quen engadiu, que nestes dous últimos anos as pensións ganaron poder adquisitivo fronte á  perda de anos anteriores.

García Díez manifestou que Rajoy cumpriu o seu compromiso. “Dixo que o ultimo que se tocaría serían as pensións e así, hoxe en España poden manterse máis pensións que nunca:  400.000 mais que cando empezou a lexislatura, e superando por primeira vez os 1.000 euros a pensión media”- lembrou. 

Concluíu o popular manifestando que neste mesmo período de tempo, outros países europeos viron caer as súas pensións en mas dun 40% mentres aquí a acertada política económica as blindaba e revalorizaba.

0 comentarios:

Publicar un comentario