jueves, 17 de noviembre de 2011

O PP alertou dos discursos políticos que, “ante a falta de argumentos de peso, instálanse na mentira”

  • Barreiro: “no noso programa garantízanse as pensións, a sanidade, a educación e a prestación por desemprego”.
  • García Díez: “o balance da actuación do Goberno socialista en materia de infraestructuras e moi pobre, a realidade desdice contundentemente as súas palabras”

Monforte, a 17 de novembro de 2011.- O Partido Popular convidou hoxe ós asistentes ó mitin celebrado en Monforte a reflexionar sobre a situación pola que está a pasar España neste momento antes de acudir ás urnas o vindeiro 20-N.

De feito, José Manuel Barreiro, cabeza de lista dos populares ó Senado e encargado de pechar a ronda de intervencións, centrou boa parte do seu discurso en repasar a “delicada conxuntura económica” na que nos atopamos. Así, salientou que hoxe a prima de risco española “asomouse ó abismo do rescate” ó rozar os 500 puntos; e que Espana viuse obrigada “tamén hoxe” a pagar as obrigacións a dez anos a un interese por riba do 7 por cento, o que supón, segundo recalcou, “un incremento do 30 por cento con respecto á última venda realizada o pasado 20 de outubro”.

monforte 023

“Alemaña paga ese mesmo tipo de bono a un interese do 2 por cento. É comprensible que o día a día que vivimos os españois sexa moi diferente ó dos alemáns”, apuntillou.

“Non se pode negar que estamos nun momento difícil, tan difícil que o Goberno do Estado, do que forma parte o Ministro Blanco e no que ata fai pouco tamén estaba Pérez Rubalcaba, tivo que recoñecer, a catro días das eleccións, que equivocou a súa estimación de crecemento nun 40 por cento. A día de hoxe nin sequera os socialistas son capaces de otear brotes verdes”, indicou.

Pero, segundo aseverou, outro xeito de gobernar é posible. “Nós estamos convencidos e defendemos que a mellor garantía dos dereitos sociais é unha política económica que xenere confianza internacional e cree emprego. E neso baseamos o noso programa electoral”. “E no noso programa”, recalcou, “garantízanse as pensións, a sanidade, a educación e a prestación por desemprego”.

“Que non vos engañen coas súas infamias os que nestes últimos sete anos de goberno estiveron instalados na mentira e que durante esta campaña electoral, posto que é imposible negar a evidencia e defender o indefendible, botaron man do medo, do engano”, enfatizou. “Pouco podemos agardar de quen, na desesperación por carecer dun proxecto político que defender nin presentar, é capaz de todo”, concluiu.

monforte 032

DIFERENCIAS ENTRE O DITO E O FEITO

Precisamente ás mentiras sobre infraestructuras que estiveron contando os socialistas foi a línea argumental da alocución do cabeza de lista ó Congreso, precedido no uso da palabra pola tamén candidata ó Senado Julia Rodríguez e o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo.

Joaquín García Díez foi claro ó lembrar o balance que onte mesmo fixo o responsable de infraestructuras do PPdeG Agustín Hernández en Lugo:

“en dúas lexislaturas dos socialistas, 0 quilómetros de AVE na provincia de Lugo e en infraestructuras viarias, o 25 por cento menos que durante os gobernos do Partido Popular”. “Esa é a verdade”, inqueriu García.

O candidato popular tamén mencionou, “a modo de exemplo da doble moral dos socialistas”, que en xuño deste ano aprobouse no Congreso, “tamén cos votos do PSOE”, unha proposición non de lei para que antes de que rematara este ano se establecera unha nova conexión diaria por ferrocarril entre Galicia e Madrid, prevendo ademais a ampliación de servicios de media distancia entre Lugo e Ourense que permitiran ós monfortinos, por exemplo, enlazar con ese novo tren de longa distancia en horario matinal. “Non é necesario que vos diga que o Ministro de Fomento fixo caso omiso a esta obligación e que Galicia segue a estar conectada con Madrid por un único tren”, explicou.

“O trato recibido por Galicia en xeral e pola provincia de Lugo en particular en materia de conexións ferroviarias é un agravio sen parangón e para afirmalo categóricamente nin sequera é necesario facer referencia á Alta Velocidade, que xa sabedes cómo está”, dixo para inmediatamente preguntar ós asistentes ó mitin celebrado no edifício multiusos se sabían cantas conexións diurnas diarias hai entre Madrid e Barcelona. “A resposta é”, dixo, “28 Aves e 1 Estrella” .

“Esto ten que cambiar e pode cambiar”, asegurou, tras requerir o voto para que o Partido Popular “poida aplicar o cambio que España necesita”.

monforte 063

0 comentarios:

Publicar un comentario