miércoles, 2 de noviembre de 2011

“Se Blanco tivera o mínimo sentido do decoro non viría a Monforte a seguir dicindo mentiras”

  • Joaquín García e Julia Rodríguez consideran unha “broma de mal gusto” que o cabeza de lista ó Congreso dos socialistas por Lugo “siga dandolle voltas as súas promesas incumplidas”
  • Os candidatos populares botaron en falla que o “aínda ministro de Fomento” non fixera mención a autovía Chantada-Monforte, á ronda urbana ou a nova comisaria de policía da cidade do Cabe durante a súa estadia pola Zona Sur

Monforte, a 2 de novembro de 2011.- “Conductas como as de Blanco son as que consiguen que ós ciudadáns lles preocupe tanto a clase política”, aseguraron hoxe en Monforte o cabeza de lista do Partido Popular ó Congreso Joaquín García Díez e a número tres ó Senado Julia Rodríguez, en referencia ás “últimas vellas promesas” realizadas por José Blanco.

“Se Blanco tivera o mínimo sentido do decoro evitaría poñer o pé en Monforte e, de poñelo, non se adicaría a prometer o que xa prometeu mil veces e non cumpriu”. “Os monfortinos están xa fartos de escoitar as súas mentiras”, recalcaron.

Os candidatos populares referíanse así a “insistencia” do ministro de Fomento de prometer o mesmo cada catro anos “sen que nada chegue a termino”. “O da A-76 é xa unha broma de mal gusto por non dicir directamente que é un insulto a todos e cada un dos veciños da Zona Sur”, zanxaron.

E no que atinxe “o novo compromiso” de que Fomento executará as obras de enlace do porto seco coa N-120, tal cousa únicamente se pode calificar, na súa opinión, de “ocurrencia”. “Antes de falar, debería informarse porque chega algo tarde”, apostillaron.

Así, segundo explicaron, o proxecto de construcción da conexión do porto seco coas estradas LU-993 e N-120 foi aprobado pola Xunta o 16 de novembro de 2010 e estase a desenvolver xa a tramitación administrativa das expropiacións necesarias. No que atinxe á conexión coa LU-546, en xaneiro deste ano contratouse a redacción do estudo informativo e de impacto ambiental que, dado que tiña un prazo de doce meses, estará entregado antes de final de ano. E, polo que respecta á urbanización do porto seco, as obras están en execución.

“Uns din que van facer e outros fan”, zanxaron os populares, que, segundo indicaron, “botaron en falla” que José Blanco non aproveitara a súa estadía en Monforte para “dicir algo” da autovía Chantada-Monforte ou mesmo da nova comisaría de Monforte, “outras desas promesas recurrentes ás que sempre fai alusión” e ata da “inconclusa” ronda urbana, que está paralizada porque a Confederación Hidrográfica, “dependente do Ministerio de Fomento”, segundo puntualizaron, pediu un informe.       

García e Rodríguez “recomendaron” a José Blanco “unha cura de humildade” para non caer no “esperpento no que están a converterse as súas intervencións” durante esta precampaña.
“Resulta inaceptable velo asinar convenios para novas infraestructuras cando pertence a un goberno saínte, que está no último minuto de partido, e, a maiores, sen que os novos compromisos dispoñan de ningún respaldo orzamentario”, dixeron, en referencia ó convenio firmado co alcalde de Monforte para a construcción da nova ponte.

“TODO VALE”
Por outra banda, o “todo vale” parece ser o seu lema cuando, tras moitas  oportunidades, debates no Congreso dos Deputados, reivindicacións do grupo de traballo formado polos alcaldes de toda a zona, etc, en relación á autovía A-76 Ponferrada-Monforte, agora, e despois de tela paralizada e non licitar ni un só proxecto de un só tramo, “vén ó tempo que se despide”, a prometer a súa contratación no 2012, “cando sabe que el non terá xa a súa responsabilidade actual porque non formará parte do novo goberno”.

Blanco, segundo recalcaron os candidatos populares, non cumpriu o seu compromiso de incluir esta obra no Plan de colaboración público-privada para así tratar de garantizar a súa execución. Ademais, a A-76 non  recibiu do Goberno socialista ata agora máis que presupuestos reducidos e “por riba non foron nin capaces de executalos”. “Do 1.000.000 € presupuestado en 2010 para esta estrada, o Goberno socialista non executou un só euro”, enfatizaron.

“Estamos á espera de que se licite xa a redacción dos proxectos desta importante infraestructura, ben íntegramente ou ben por tramos, pois non hai excusa algunha que xustifique máis retrasos. Os problemas medioambientais puntuais que afectaban a non máis de catro quilómetros, dos 150 km de lonxitude do trazado, resolvéronse e non é  de recibo que tiveran paralizado o conxunto dunha autovía cando ben se puido ir licitando por tramos”, concluiron.

AVE

No que atinxe ás líneas de AVE no podemos olvidar, segundo explicaron os populares, que seguimos nunha situación similar a cando os socialistas chegaron ó goberno hai case oito anos. Así, a realidade, segundo recalcaron, é que a día de hoxe únicamente se atopa en obras un pequeno subtramo desta liña: a variante de Pobra de San Xiao, de 7,5 km de lonxitude, no tramo Monforte-Lugo, que foi adxudicada en decembro de 2006, é dicir, case tres anos antes da firma do Acordo do Obradoiro.  “En calquera caso”, recalcaron, “o prazo de execución deste subtramo era de 40 meses, plazo que xa foi ampliamente superado pero para o que aínda non hai unha data prevista para o seu remate”.

Sobre o AVE entre Monforte e Ponferrada previsto nos Plans de Infraestructuras do PP, o Goberno socialista “directamante abandonou” o  compromiso de dotar dunha liña de AVE a conexión Monforte-Ponferrada, “e aposta únicamente por adicala a mercadurías”.

0 comentarios:

Publicar un comentario