viernes, 4 de noviembre de 2011

O PP fará unha campaña “coa verdade por diante e chea de propostas”

  • Barreiro e García Díez recalcaron durante a tradicional pegada de carteis que para que Mariano Rajoy poida presidir un goberno “forte e responsable que precisa España” é preciso que o Partito Popular “gañe por goleada” o 20-N

Lugo, a 4 de novembro de 2011.- O Partido Popular de Lugo elexiu o templete da Praza Maior de Lugo para efectuar a tradicional pegada de carteis coa que se inicia a campaña electoral.

O cabeza de lista ó Congreso, Joaquín García Díez, tras indicar que “faltan 17 días para a cita coas urnas máis importantes en moito tempo”, avanzou que a partir de agora o Partido Popular adicarase a explicar o seu proxecto para “asegurar o futuro de España” nun contexto económico moi malo, “con cinco millóns de desempregados”.  “Outros, que están moi preto de nós, iniciaron esta campaña cunha festa dende as 22:30 horas. Algúns non escarmentan e continúan mirando para outro lado, porque España non ten ganas nin razóns para estar de festa. Durante o rato que levan nesa festa o paro en España incrementouse en 270 persoas”, engadiu.

García Díez botou man do argot deportivo para recalcar que “hoxe principia o partido. O marcador está 0-0 e temos que traballar para gañar por goleado o 20-N”. “Deixemos as euforias para o final do partido”, enfatizou.

Segundo asegurou, os candidatos dos Partido Popular preséntanse a estes comicios “limpos” porque, recalcou, “se algún de nós estivera na situación na que se atopan outros non estariamos hoxe aquí pegando este cartel”.

“Os causantes dos graves problemas nos que se atopa este país non pode ser, tras o día 20, parte da solución”, concluiu.  

José Manuel Barreiro, cabeza de lista ó Senado, explicou pola súa parte que “hai que sumarse ó cambio que representa o Partido Popular porque o que este país necesita é un goberno forte, comprometido, riguroso e responsable”.  E todo eso, segundo recalcou, representao “á prefección” Mariano Rajoy, que ademáis, dixo, “é galego e ten o mellor curriculum profesional e político posible”.

E para Rajoy sexa o próximo presidente do Goberno “só nos vale”, advertiu, “que o vindeiro 20 de novembro academos a maioría absoluta porque xa sabedes o que nos pasa se só gañamos”.

O cabeza de lista ó Senado por Lugo tamén adiantou as liñas básicas que rexirán a campaña electoral recén estreada, “en explicar o que este país necesita: estabilidade orzamentaria; xeneración de empleo e  crecemento económico”.

“Fronte os que, cheos de arrogancia e soberbia, repiten as mesmas promesa de sempre, porque non teñen outra cousa que dicir e porque non fixeron nada do que dixeron que farían, o Partido Popular fará unha campaña en positivo, baseada nos feitos, nas propostas e na verdade”, egandiu. “E coas mans limpas, porque algún que falaba moito dos demais agora quedouse mudo, algún que daba consellos e pretendía sentar cátedra, sen ter en conta a presunción de inocencia, agora resulta que para el mesmo emprega unha vara de medir distinta, moito máis benévola”, apuntillou.

Os feitos, segundo Barreiro, son “inapelables e innegables”: “os socialistas, os Zapatereros, Rubalcabas, Blancos e demais familia, porque todos son iguais, condearon a este país ó vagón de cola, agora tócanos a nós, coa axuda e esforzo de todos vós, arranxar esta situación”. Na súa opinión, os que engañaron e que pretenden agora, outra vez, volver a intentalo, non son dignos de confianza.

“Como dixo Rajoy o outro día aínda que non todo se vai resolver co cambio político; nada poderá solucionarse sin ese cambio político. Agora toca traballar para logralo”, rematou. 

No acto de pegada de carteis, ademáis dos cabezas de lista, tamén participaron outros integrantes das candidaturas como María Gómez Pallín, Encarna Amigo ou Luisa Macía, así como destacados membros do partido como Samuel Juárez ou Jaime Castiñeira.

0 comentarios:

Publicar un comentario