viernes, 11 de noviembre de 2011

García Díez: “o PP garantizará sempre a prestación de servicios básicos como pensións, sanidade, educación e desemprego”

O Corgo, a 11 de novembro de 2011.- O cabeza de lista do Partido Popular ó Congreso pola provincia de Lugo asegurou hoxe que o Partido Socialista está acusando “certo nerviosismo e desesperación” ante a perspectiva de que os resultados do vindeiro 20-N non lles sean favorables. Só neste contexto, segundo explicou Joaquín García Díez, pode explicarse que as súas consignas se centren en acusar ó Partido Popular de practicar recortes.

“Resulta irónico que os responsables de conxelar as pensións, de retrasar a idade de xubilación e reducir o salario dos funcionarios falen de recortes”, indicou durante o mitin celebrado en O Corgo, no que tamén particoparon Olga Iglesias e Samuel Juarez.

“Non será que os socialistas confunden recortes con auteridade e racionalidade no gasto para poder cumprir o obxectivo de déficit que nos empuxeron dende a Unión Europea por culpa, precisamente, do despilfarro que caracterizou a súa xestión?”, preguntouse.

Uns obxectivos de déficit, que segundo lembrou, propuxera o Partido Popular moito antes incluso de que se abordara a recente reforma constitucional, “para evitar que gobernantes irresponsables gastaran o que non tiñan”.

García Díez dixo que o programa de goberno do Partido Popular, “que agardamos poder aplicar a partir do 20-N”, inclúe a aplicación de medidas de austeridade pero “garantizando sempre”, segundo enfatizou, prestacións básicas como a sanidade, o desemplego, a educación e as pensións.

Dentro dese paquete de medidas para controlar o gasto e “asegurar a transparencia das administracións” inclúese unha pola que se fixará a esixencia de que as administracións distingan nos seus orzamentos os gastos que están adicados a cubrir servicios públicos básicos e os que non.

O PP tamén modificará a lei de subvencións para restrinxir ó maximo as que se conceden de xeito nominativo; e promoverá asimesmo cambios na lexislación para asegurar que os políticos responsables da xestión dos fondos públicos sexan sancionados se actúa con irresponsabilidade.

En definitiva, en opinión de Joaquín García Díez, o Partido Popular aposta pola “xestión responsable e eficaz” mentres outros “seguen inmersos na política do despilfarro e do incremento do gasto”.

0 comentarios:

Publicar un comentario