martes, 29 de noviembre de 2011

Feijóo pide aos deputados e senadores do PPdeG que leven ás Cortes a racionalidade da actual Xunta na xestión económica

  • Di que 14 dos 19 senadores e 15 dos 23 deputados que representarán a Galicia durante a vindeira lexislatura serán do PP, ou sexa un 74% e un 65% do total, respectivamente
  • Lembra que os grandes logros do PPdeG nestas eleccións foron posibles por comprometer o seu empeño e determinación por vencer a crise e non por prometer imposibles

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2011.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe aos deputados e senadores da formación autonómica que leven ás Cortes a racionalidade da actual Xunta na xestión económica. Con respecto a isto, o dirixente popular destacou que nunca España necesitou tanto da política e nunca a política necesitou tanto de referentes como os que, por sorte, Galicia pode ofrecerlle.

Así se expresaba o líder do PPdeG en Santiago de Compostela, tras fotografiarse cos deputados e senadores galegos recén elixidos, aos que lles lembrou que non van a Madrid a asumir un reto fácil pero si apaixoante, por iso lles pediu que formen parte das Cortes que pasaron á historia por mandar ao esquecemento a peor crise que nunca se viviu.

O dirixente popular deulles a noraboa a todos eles pola gran campaña que fixeron e cuxos resultados foron tamén moi bos, xa que 14 dos 19 senadores que representarán a Galicia durante a vindeira lexislatura serán do PP, ou sexa un 74% do total; e 15 dos 23 deputados que traballarán pola Comunidade durante os vindeiros catro anos serán do PP, ou sexa o 65% dos que se elixían.

Foto de familia de los diputados y senadores del PPdeg en Madrid  con Nuñez Feijoo

En resumo, tres de cada catro senadores e dous de cada tres deputados galegos respaldarán desde a súa toma de posesión que terá lugar dentro duns días, a outro galego, presidente do Goberno, que é Mariano Rajoy. Polo tanto, para Feijóo, a fotografía tomada hoxe representa o compromiso dun partido cun proxecto e o compromiso dun proxecto cun país.

Con respecto a isto, o dirixente popular asegurou que as 30 persoas alí presentes teñen un pacto suscrito coa cidadanía; un acordo baseado en dignificar o apoio que se lles deu cun traballo e unha xestión exemplar.

Nesta liña, Feijóo lembrou que os populares pasaron de perder por 123.000 votos coa suma de PSOE e BNG en 2008, a gañarlles por máis de 220.000 papeletas; lograron a maior porcentaxe de deputados da historia do PPdeG; foron capaces de gañar en 307 dos 315 concellos galegos; superaron o 50% dos votos en todas as provincias e superaron mesmo en 8 puntos o resultado do PP nacional. Se todo iso foi posible, na opinión do líder do PPdeG, non foi por prometer imposibles, senón por comprometer os populares de forma solemne o seu empeño e determinación por vencer a crise.

Por tanto, o dirixente popular pediulles aos alí presentes que desde ás súas responsabilidades nas Cortes Xerais defendan, por encima das siglas do PP, a marca Galicia e a erixan, como se fará desde a Xunta, como parte da solución para un país que ten todo por facer e ao que a crise saca vantaxe.

Foto de familia de los diputados y senadores del PPdeg en Madrid  con Nuñez Feijoo

0 comentarios:

Publicar un comentario