miércoles, 16 de noviembre de 2011

García Díez: “durante os últimos anos todo foi en contra do noso agro”

· O cabeza de lista dos populares ó Congreso asegurou hoxe en Castro de Rei, nun mitin no que tamén participou Samuel Juárez, que a mala negociación da PAC causará graves perxuizos ó sector agrogandeiro lucense

Castro de Rei, a 16 de novembro de 2011.- Joaquín García Díez foi contundente durante o mintin celebrado esta noite en Castro de Rei: a nefasta actuación do goberno socialista na negociación da Política Agraria Común conlevará graves perxuizos para o sector agrogandeiro lucense, principiando por unha rebaixa da renda de agricultores e gandeiros, “que xa foi obxecto dunha constante e importante rebaixa nos últimos anos”, e unha merma das subvencións que percibirá o sector, “fundamentais para a súa supervivencia”.

“O Goberno do Estado non tomou exemplo do que está a facer a Xunta e debería telo feito. Pero Mariano Rajoy xa anunciou que, pese a reducción de ministerios ó que obrigan as circunstancias económicas e o sentido común, vai restablecer o Ministério de Agricultura. Por aí empeza o compromiso serio e riguroso con un dos sectores productivos básicos para a economía da nosa provincia que fai o Partido Popular”, asegurou.

García Díez tamén se referiu á Lei de Desenvolvemento Rural Sostible aprobada polos socialistas que resultou “inasumible”; á “aldraxe” que para o sector lácteo galego, “que xenera a terceira parte da producción do país”, supuxo a aceptación da supresión das cotas a partires de 2015; ó “golpe de difícil encaixe” derivado da venda de Puleva, “unha empresa cun 8% de capital público español”, á francesa "Lactalis"; e ó rexeitamento do que foi obxecto a proposta do PP para facer obrigatorios os contratos lácteos entre productores e industrias e que permitiría a negociación conxunta dos productores.

“Todo foi en contra do noso agro”, aseverou.

0 comentarios:

Publicar un comentario